A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
César López López | Santiago de Compostela | Enxeñeiro de Son |
Ramon Picon Alvarez | A illa de Arousa | Docente |
Pilar Alcántara Colomer | Ourense | Educadora |
Pilar Sampedro Martínez | Santiago de Compostela | Dicente xubilada |
Carmen López Beiras | Santiago de Compostela | Administracion |
Antonio Álvarez Pérez | Oleiros | Xubilado |
Manuel Candal Castro | Coruña | Xubilado |
Xulio Mariño Ruiz | Cangas | Xubilado |
Antonio Manuel Vidal Sánchez | A Pobra do Caramiñal | Xubilado |
Zenón López Beiras | Compostela | Biólogo |
Juana Beiras | Compostela | Ensino |
pura Barrio Val | A coruña | |
Dolores Prieto Luna | Ferrol | Mestra |
Xaquín Penas Patiño | A Coruña | Biólogo |
Davide Leira Caparrós | A Coruña | Internino |
Felipe Gallego Torrado | O Carballiño | Hosteleiría |
Juan Bueno Pardo | Biólogo | |
rafael cid fernandez | santiago | xornalista |
Raúl Fernández Iglesias | Arteixo | |
xaquin campo freire | narón | xubilado |
Bieito Lobeira Domínguez | Marín | Organización BNG |
Marta Romero Garcia | ||
César Vázquez González | Ourense | |
Rosa María Gómez Amigo | Arteixo | Desempregada |
Fernando F. Valiño | Fene | Xubilado |
Bárbara Corbeira Lamas | 28 | Teleoperadora |
Fernando Varela Rial | Santa Cruz De Tenerife | Funcionario AXE |
ROSENDO ALONSO COSTAD | Vigo | Mariñeiro |
Carme Cociña | Lugo | Ensinante |
María Fernández González | Moaña | Tcae |