En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.
Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.
A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.
Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.
O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.
Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.
Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.
Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Carlos | LALIN | PARO |
Adela Figueroa Panisse | Lugo | Escritora |
José Riveiro Espasandín | Castellón / Castelló | Profesor xubilado |
José Luis Torres Escapa | Barcelona | Xubilado |
Rafael Táboas de Sáa | Pontevedra | Estudante |
Eduardo Fernández Barreiro | Pontevedra | Funcionario |
Gabriela Dominguez Dominguez | Vigo | Educadora infantil |
Alfonso Caride Pascual | pontevdra | |
sandra fentanes canda | cotobade | conductora de autocar discrecional |
Aroa Álvarez Perez | ||
Francisco Nogueiras | Zurich | Empresario |
Xosé Manuel Fernández Vázquez | Monforte de Lemos | Parado |
Juan Español | Madriz | Facha |
Karalho Paheiro | Jrande Minhoca | cunilinguista |
Alba Marcos Atanes | Vigo | Estudante |
Xoán C. Pardo | Carral | |
Manuel Lopez Rodriguez | Lugo | Funcionario |
Cristina Payno Blanco | A Estrada | Técnico en coidados de enfermería |
Pablo Palmeiro Carballeir | Lourenzá | Veterinario |
Digna Vila Barris | Vigo | Funcionaria |
Estela Martínez Vila | Vigo | Mestra |
martin dono lopez | A estrada | |
Francisco Javier López Rodríguez | Teo, A Coruña | Técnico de son |
Diana López Vázquez | Santiago de Compostela | Dependienta |
Jorge Montero Moro | Guitiriz | Fisioterapia |
Ana Belén Fernández García | ||
Marta Sonia Brandón Iglesias | Ames | Bombeiro forestal |
Ricardo Alonso Fernández | Tui | xubilado |
Margarita Ledo Andión | Santiago | Académica |
sergio castrelos garcía | cambados | empresario |