A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!

2432 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
6994 Guitiriz Xermolos 19 de Novembro de 2024
5232 Ponteareas Xe Patrimomial. Asociación Patrimonial de Xinzo 21 de Outubro de 2024
6326 Ames Xarda Sociedade Cooperativa Galega 24 de Outubro de 2024
6352 Santiago de Compostela Veciñal Pontepedriña 24 de Outubro de 2024
7427 Dodro Unidade Veciñal de Dodro 19 de Febreiro de 2025
5078 Ourense Trécola Teatro 20 de Outubro de 2024
7166 Foz Touporroutou teatro 15 de Xaneiro de 2025
6581 Moaña The lelli kelly's 30 de Outubro de 2024
6998 Santiago de Compostela Tempos Arqueólogos SL 19 de Novembro de 2024
7056 Rianxo Teatro Airiños 11 de Xaneiro de 2025
7375 O Carballiño Taberna O PENDELLO 12 de Febreiro de 2025
7003 Rubiá Sputnik Labrego 20 de Novembro de 2024
7300 Carballo Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños 26 de Xaneiro de 2025
7243 Sindicato Labrego Galego 23 de Xaneiro de 2025
6926 A Coruña Seminario Galán 15 de Novembro de 2024
7237 Alfoz Seminario de Estudos do Valadouro 23 de Xaneiro de 2025
7331 Vimianzo SEMINARIO DE ESTUDOS COMARCAIS DA COSTA DA MORTE 30 de Xaneiro de 2025
7429 Santiago de Compostela SEMESCOM 19 de Febreiro de 2025
7438 Pontevedra SECRETOS GALICIA 20 de Febreiro de 2025
7321 Moaña SD SAMERTOLAMEU 30 de Xaneiro de 2025
7433 A Coruña Saúde e Terra 20 de Febreiro de 2025
5084 Ourense Sarabela Teatro 20 de Outubro de 2024
7260 Arzúa Rondalla Moraima 23 de Xaneiro de 2025
6902 A Rúa RockEnSaio 15 de Novembro de 2024
7397 Rianxo Rianxo en Común 16 de Febreiro de 2025
7009 Ferrol Rexenerando S. Coop. Galega 27 de Novembro de 2024
6781 Pontevedra Retranca 10 de Novembro de 2024
7369 O Carballiño Restaurante Casa Gazpara 10 de Febreiro de 2025
6499 Arzúa Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural- Rede do Rural 26 de Outubro de 2024
6871 REDE DO PATRIMONIO 13 de Novembro de 2024

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.