a. Avaliar o cumprimento das medidas contempladas no PXNLG
Cada sector e ámbito ten unha serie de medidas no PXNLG. Trátase de identificar o grao de cumprimento e efectividade de cada unha delas.
b. Identificar os principais obstáculos para a efectivización das medidas incumpridas
Coñecer o motivo polo que as diferentes accións propostas foron incumpridas e que cómpre remover, modificar ou aplicar para a súa execución.
c. Propor calendario de accións normativas e executivas concretas para o cumprimento e efectivización das medidas do PXNLG, da CELRM, da DUDL e do PGDL
Entre as medidas do PXNLG estabelecer as prioritarias e período de execución e avaliación.
d. Acadar compromiso de aplicación por cada entidade social participante
Cómpre fixar os mínimos que cada entidade social está en condicións de asumir na súa acción diaria na medida en que poden producir un efecto normalizador no seu ámbito. Que debemos facer como entidades sociais?
e. Acadar compromiso de aplicación polas institucións públicas
Cada institucións ten un ámbito de actuación onde pode actuar. Temos que sinalar cales son as medidas a tomar, con calendario e sistema de avaliación partindo do xa acordado. Que deben facer as intitucións?
