Mudemos de rumbo. O galego ten futuro

Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. 

Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza, e obrigouna a aparentar unha mudanza de actitude que non se corresponde coa intensificación da axenda hostil con medidas lexislativas para favorecer o descoñecemento do galego polo funcionariado, a posibilidade de deixar de usar o galego na CRTVG, a exclusión do galego na lei de intelixencia artificial, ou a negativa a apoiar no parlamento as accións para a reactivación do PXNLG e a oficialidade do galego na UE.

Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. 

A Lei de uso do galego polas entidades locais, a Lei Paz Andrade, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, a Carta Europea das linguas e o PXNLG como grande acordo nacional pola lingua, débense reactivar como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.

PUNTOS MÍNIMOS

A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para  un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:

MEDIDAS URXENTES

Ensino.

Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.

Actividades comerciais e económicas.

Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.

Cultura e lecer.

Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.

Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.

Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

2455 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
5881 Teo 22 de Outubro de 2024
6137 Moaña 23 de Outubro de 2024
6393 Santiago de Compostela 24 de Outubro de 2024
6649 A Illa de Arousa 6 de Novembro de 2024
7161 Cambre 15 de Xaneiro de 2025
5114 Ames 21 de Outubro de 2024
5370 Lalín 21 de Outubro de 2024
5626 Vimianzo 22 de Outubro de 2024
5882 A Coruña 22 de Outubro de 2024
6138 Miño 23 de Outubro de 2024
6394 Bueu 24 de Outubro de 2024
6650 Cangas 6 de Novembro de 2024
6906 Santiago de Compostela 15 de Novembro de 2024
7162 Cangas 15 de Xaneiro de 2025
7418 A Pobra do Caramiñal 18 de Febreiro de 2025
5115 As Neves 21 de Outubro de 2024
5371 Catoira 21 de Outubro de 2024
5883 Allariz 22 de Outubro de 2024
6395 A Guarda 24 de Outubro de 2024
6651 A Illa de Arousa 6 de Novembro de 2024
6907 Val do Dubra 15 de Novembro de 2024
7163 Paderne 15 de Xaneiro de 2025
5116 O Carballiño 21 de Outubro de 2024
5372 Crecente 21 de Outubro de 2024
5628 Lalín 22 de Outubro de 2024
5884 22 de Outubro de 2024
6140 Agolada 23 de Outubro de 2024
6396 Ferrol 24 de Outubro de 2024
6652 Monterroso 6 de Novembro de 2024
6908 Samos 15 de Novembro de 2024