Mudemos de rumbo. O galego ten futuro

Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. 

Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza, e obrigouna a aparentar unha mudanza de actitude que non se corresponde coa intensificación da axenda hostil con medidas lexislativas para favorecer o descoñecemento do galego polo funcionariado, a posibilidade de deixar de usar o galego na CRTVG, a exclusión do galego na lei de intelixencia artificial, ou a negativa a apoiar no parlamento as accións para a reactivación do PXNLG e a oficialidade do galego na UE.

Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. 

A Lei de uso do galego polas entidades locais, a Lei Paz Andrade, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, a Carta Europea das linguas e o PXNLG como grande acordo nacional pola lingua, débense reactivar como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.

PUNTOS MÍNIMOS

A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para  un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:

MEDIDAS URXENTES

Ensino.

Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.

Actividades comerciais e económicas.

Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.

Cultura e lecer.

Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.

Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.

Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

2470 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
5872 Ponteceso 22 de Outubro de 2024
6128 A Coruña 23 de Outubro de 2024
6384 Santiago de Compostela 24 de Outubro de 2024
6640 A Illa de Arousa 6 de Novembro de 2024
7408 A Estrada 17 de Febreiro de 2025
5105 A Coruña 21 de Outubro de 2024
5361 Camariñas 21 de Outubro de 2024
5617 Pontevedra 22 de Outubro de 2024
5873 Vilagarcía de Arousa 22 de Outubro de 2024
6129 Cerdedo-Cotobade 23 de Outubro de 2024
6385 24 de Outubro de 2024
6641 6 de Novembro de 2024
5106 Oleiros 21 de Outubro de 2024
5362 Vigo 21 de Outubro de 2024
5618 Vigo 22 de Outubro de 2024
5874 Vigo 22 de Outubro de 2024
6130 Carnota 23 de Outubro de 2024
6642 A Illa de Arousa 6 de Novembro de 2024
6898 Montederramo 14 de Novembro de 2024
7154 Cangas 14 de Xaneiro de 2025
7410 Pontevedra 17 de Febreiro de 2025
5107 Marín 21 de Outubro de 2024
5363 Malpica de Bergantiños 21 de Outubro de 2024
5619 Ames 22 de Outubro de 2024
5875 Vilagarcía de Arousa 22 de Outubro de 2024
6387 Narón 24 de Outubro de 2024
6643 Lugo 6 de Novembro de 2024
7411 Viveiro 17 de Febreiro de 2025
5108 A Coruña 21 de Outubro de 2024
5364 Arteixo 21 de Outubro de 2024