Mudemos de rumbo. O galego ten futuro

Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. 

Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza, e obrigouna a aparentar unha mudanza de actitude que non se corresponde coa intensificación da axenda hostil con medidas lexislativas para favorecer o descoñecemento do galego polo funcionariado, a posibilidade de deixar de usar o galego na CRTVG, a exclusión do galego na lei de intelixencia artificial, ou a negativa a apoiar no parlamento as accións para a reactivación do PXNLG e a oficialidade do galego na UE.

Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. 

A Lei de uso do galego polas entidades locais, a Lei Paz Andrade, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, a Carta Europea das linguas e o PXNLG como grande acordo nacional pola lingua, débense reactivar como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.

PUNTOS MÍNIMOS

A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para  un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:

MEDIDAS URXENTES

Ensino.

Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.

Actividades comerciais e económicas.

Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.

Cultura e lecer.

Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.

Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.

Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

2476 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
6663 Lugo CB Cidade de Lugo 6 de Novembro de 2024
7394 Vigo carreiros 15 de Febreiro de 2025
6131 Vigo carreiros 23 de Outubro de 2024
6948 Folgoso do Courel C@urel Vivo 17 de Novembro de 2024
7512 Ferrol bratzantifa 4 de Maio de 2025
6877 Noia Bosquexo Verde Estudio 13 de Novembro de 2024
5065 Bloque Nacionalista Galego 18 de Outubro de 2024
6590 A Laracha Billarda Campo da Feira 30 de Outubro de 2024
6540 A Laracha Billarda APB A Laracha 28 de Outubro de 2024
7422 O Carballiño Bar REGADAS 18 de Febreiro de 2025
6782 Pontevedra Aula Castelao de Filosofía 10 de Novembro de 2024
7420 Ferrol Ateneo Ferrolán 18 de Febreiro de 2025
7499 Ferrol Associaçom Cultural Artábria 8 de Abril de 2025
7129 Mondoñedo Asociación Xuvenil Xoldra 13 de Xaneiro de 2025
7005 Malpica de Bergantiños Asociación Visibles 24 de Novembro de 2024
6785 A Coruña Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra" 10 de Novembro de 2024
6765 Vigo Asociación Veciñal de Teis 9 de Novembro de 2024
7248 Ferrol Asociación veciñal de Canido, O Cruceiro 23 de Xaneiro de 2025
7199 Melide Asociación Troiteiros Río Furelos 19 de Xaneiro de 2025
7496 Lugo Asociación Srop Suicidio Galicia 30 de Marzo de 2025
7068 Ribeira Asociación Sons do Mar 11 de Xaneiro de 2025
6733 Lugo Asociación socioeducativa Antonio Gandoy (Preescolar na Casa) 7 de Novembro de 2024
6258 Vilariño de Conso Asociacion socioculturale rural do cenza 23 de Outubro de 2024
6709 Betanzos ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ZONA HADAL 6 de Novembro de 2024
5470 Pontevedra Asociación Sociocultural Cedofeita 21 de Outubro de 2024
7277 Ferrol Asociación Socio-Cultural Muíño do Vento 23 de Xaneiro de 2025
7238 Arzúa ASOCIACION SOCIO CULTURAL FESTA DA GAITA GALEGA 23 de Xaneiro de 2025
6556 Maside asociacion socio cultural a fonte de a touza 29 de Outubro de 2024
7198 A Coruña Asociación Pro-Fundación Manoel Vello 19 de Xaneiro de 2025
6888 O Grove ASOCIACIÓN POLA MEMORIA HISTÓRICA DO GROVE 14 de Novembro de 2024