Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza que haberá de mudar a actitude sobre o galego

Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. O PXNLG, como grande acordo nacional pola lingua, debe ser reactivado como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.

PUNTOS MÍNIMOS

A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para  un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:

MEDIDAS URXENTES

Ensino.

Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.

Actividades comerciais e económicas.

Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.

Cultura e lecer.

Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.

Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.

Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

2146 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
5610 Gondomar 22 de Outubro de 2024
5866 Coristanco 22 de Outubro de 2024
6122 Meira 23 de Outubro de 2024
6378 Soutomaior 24 de Outubro de 2024
6634 Santiago de Compostela 5 de Novembro de 2024
7146 Sada 13 de Xaneiro de 2025
5099 Ames 21 de Outubro de 2024
5611 Marín 22 de Outubro de 2024
5867 Vilalba 22 de Outubro de 2024
6123 Vilalba 23 de Outubro de 2024
6379 Tomiño 24 de Outubro de 2024
6635 Monterroso 5 de Novembro de 2024
7147 Sada 13 de Xaneiro de 2025
5356 Lugo 21 de Outubro de 2024
5612 A Coruña 22 de Outubro de 2024
5868 Vilalba 22 de Outubro de 2024
6124 Ames 23 de Outubro de 2024
6380 Cambados 24 de Outubro de 2024
6636 Santiago de Compostela 5 de Novembro de 2024
6892 Culleredo 14 de Novembro de 2024
7148 Ares 14 de Xaneiro de 2025
5101 Santiago de Compostela 21 de Outubro de 2024
5613 Santiago de Compostela 22 de Outubro de 2024
5869 Pontevedra 22 de Outubro de 2024
6125 Lugo 23 de Outubro de 2024
6381 Cambados 24 de Outubro de 2024
6637 Santiago de Compostela 5 de Novembro de 2024
6893 Teo 14 de Novembro de 2024
7149 Ourense 14 de Xaneiro de 2025
5358 Curtis 21 de Outubro de 2024