Mudemos de rumbo. O galego ten futuro

Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. 

Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza, e obrigouna a aparentar unha mudanza de actitude que non se corresponde coa intensificación da axenda hostil con medidas lexislativas para favorecer o descoñecemento do galego polo funcionariado, a posibilidade de deixar de usar o galego na CRTVG, a exclusión do galego na lei de intelixencia artificial, ou a negativa a apoiar no parlamento as accións para a reactivación do PXNLG e a oficialidade do galego na UE.

Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. 

A Lei de uso do galego polas entidades locais, a Lei Paz Andrade, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, a Carta Europea das linguas e o PXNLG como grande acordo nacional pola lingua, débense reactivar como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.

PUNTOS MÍNIMOS

A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para  un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:

MEDIDAS URXENTES

Ensino.

Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.

Actividades comerciais e económicas.

Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.

Cultura e lecer.

Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.

Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.

Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

2476 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
6068 Carballo 22 de Outubro de 2024
6324 Vigo 24 de Outubro de 2024
6580 Santiago de Compostela 30 de Outubro de 2024
6836 Santiago de Compostela 11 de Novembro de 2024
7092 Rianxo 11 de Xaneiro de 2025
7348 Moaña 2 de Febreiro de 2025
5301 Mondariz 21 de Outubro de 2024
5557 Negreira 22 de Outubro de 2024
5813 Lugo 22 de Outubro de 2024
6069 A Coruña 22 de Outubro de 2024
6325 Pontedeume 24 de Outubro de 2024
7093 Sanxenxo 11 de Xaneiro de 2025
7349 Mazaricos 2 de Febreiro de 2025
5302 Silleda 21 de Outubro de 2024
5558 Monforte de Lemos 22 de Outubro de 2024
5814 O Grove 22 de Outubro de 2024
6070 Ribeira 22 de Outubro de 2024
7350 Vigo 2 de Febreiro de 2025
5303 21 de Outubro de 2024
5559 Porqueira 22 de Outubro de 2024
5815 Coles 22 de Outubro de 2024
6327 Ourense 24 de Outubro de 2024
7095 A Coruña 11 de Xaneiro de 2025
5304 Tordoia 21 de Outubro de 2024
5560 Vigo 22 de Outubro de 2024
5816 Fene 22 de Outubro de 2024
6072 A Coruña 22 de Outubro de 2024
7096 Ribeira 11 de Xaneiro de 2025
5305 A Pontenova 21 de Outubro de 2024
5561 Pontedeume 22 de Outubro de 2024