Mudemos de rumbo. O galego ten futuro

Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. 

Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza, e obrigouna a aparentar unha mudanza de actitude que non se corresponde coa intensificación da axenda hostil con medidas lexislativas para favorecer o descoñecemento do galego polo funcionariado, a posibilidade de deixar de usar o galego na CRTVG, a exclusión do galego na lei de intelixencia artificial, ou a negativa a apoiar no parlamento as accións para a reactivación do PXNLG e a oficialidade do galego na UE.

Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. 

A Lei de uso do galego polas entidades locais, a Lei Paz Andrade, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, a Carta Europea das linguas e o PXNLG como grande acordo nacional pola lingua, débense reactivar como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.

PUNTOS MÍNIMOS

A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para  un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:

MEDIDAS URXENTES

Ensino.

Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.

Actividades comerciais e económicas.

Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.

Cultura e lecer.

Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.

Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.

Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

2476 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
7296 Santiago de Compostela Comadres das Letras 25 de Xaneiro de 2025
7299 Comadres das Letras 26 de Xaneiro de 2025
6458 A Coruña Colexio Profesional de Logopedas de Galicia 25 de Outubro de 2024
6613 Colexio Profesional 4 de Novembro de 2024
6437 Santiago de Compostela Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia 25 de Outubro de 2024
6565 Lugo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo 30 de Outubro de 2024
6624 Santiago de Compostela COLEXIO OFICIAL DA ENXEÑARÍA TÉCNICA FORESTAL DE GALICIA 5 de Novembro de 2024
6343 A Coruña Colexio de Odontólogos de A Coruña 24 de Outubro de 2024
6614 Santiago de Compostela Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia 4 de Novembro de 2024
7358 Viveiro Colectivo Pensamento e Sementeira 5 de Febreiro de 2025
6821 Padrón Colectivo "Baixo Ulla Vivo" 11 de Novembro de 2024
6038 Lugo coleccion de instrumentos musicais de Lugo 22 de Outubro de 2024
7476 Mondoñedo Coalición Galega 22 de Febreiro de 2025
7302 Santiago de Compostela CLUB XADREZ ALGALIA 26 de Xaneiro de 2025
6872 Pontecesures CLUB NAUTICO PONTECESURES 13 de Novembro de 2024
6336 Bergondo Club de Remo Olímpico do Mandeo 24 de Outubro de 2024
6362 Vila de Cruces CLUB DE LOITA KELTOI CRUCES 24 de Outubro de 2024
7404 O Carballiño Clínica dental CARBALLIÑO 17 de Febreiro de 2025
5062 Santiago de Compostela CIG-Ensino 18 de Outubro de 2024
7378 Santiago de Compostela CIG FINSA GALIZA 12 de Febreiro de 2025
6485 Marín Cifras e letras Marín 26 de Outubro de 2024
6884 Boiro CHARLATANA S. COOP. GALEGA 14 de Novembro de 2024
7453 Ourense Charanga Bicoia 21 de Febreiro de 2025
6737 Pontedeva Centro Social A Pedreira 7 de Novembro de 2024
7392 Ares Centro Instrutivo, Recreativo e Social de Cervás (Ares) 14 de Febreiro de 2025
7173 Fene Centro de Promoción Social San Valentín 16 de Xaneiro de 2025
7455 O Barco de Valdeorras Centro de Estudos Vieiros 21 de Febreiro de 2025
7204 Melide Centro de Estudos Melidenses 19 de Xaneiro de 2025
5073 Tui CEIP RANDUFE 19 de Outubro de 2024
7153 Ponteareas CEIP Fermín Bouza Brey 14 de Xaneiro de 2025