Mudemos de rumbo. O galego ten futuro
Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas.
Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza, e obrigouna a aparentar unha mudanza de actitude que non se corresponde coa intensificación da axenda hostil con medidas lexislativas para favorecer o descoñecemento do galego polo funcionariado, a posibilidade de deixar de usar o galego na CRTVG, a exclusión do galego na lei de intelixencia artificial, ou a negativa a apoiar no parlamento as accións para a reactivación do PXNLG e a oficialidade do galego na UE.
Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes.
A Lei de uso do galego polas entidades locais, a Lei Paz Andrade, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, a Carta Europea das linguas e o PXNLG como grande acordo nacional pola lingua, débense reactivar como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.
PUNTOS MÍNIMOS
A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:
- 1. Vixencia dos obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua aprobado por unanimidade en 2004.
- 2. Elaboración por parte da Xunta de Galiza, Estado e entidades locais, coa participación de entidades sociais, dun calendario de acción 2024-2027 para a aplicación e actualización de todas as medidas deste Plan, cos recursos necesarios (humanos, técnicos, económicos...) para levalo a cabo.
- 3. Este calendario contemplará a avaliación dos resultados das medidas unha vez aplicadas e as correccións que foren precisas.
MEDIDAS URXENTES
Ensino.
Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.
Actividades comerciais e económicas.
Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.
Cultura e lecer.
Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.
Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.
Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.
Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
---|---|---|---|
6320 | Santiago de Compostela | Fundación Galiza Sempre | 24 de Outubro de 2024 |
6848 | Agolada | Fundación Eira | 12 de Novembro de 2024 |
6537 | A Laracha | FOUCELLAS DA BILLARDA | 28 de Outubro de 2024 |
6891 | Mondoñedo | Foro Social da Mariña | 14 de Novembro de 2024 |
5079 | Santiago de Compostela | Foro Galego de Inmigración | 20 de Outubro de 2024 |
7035 | A Pobra do Caramiñal | Fogos do Nazareno | 10 de Xaneiro de 2025 |
7206 | Coirós | Fiandola | 19 de Xaneiro de 2025 |
6583 | Santiago de Compostela | Feitoría Verde S. Coop. Galega | 30 de Outubro de 2024 |
7201 | Santiago de Compostela | Federación Rural Galega - FRUGA | 19 de Xaneiro de 2025 |
6680 | A Coruña | Federación Galiza Cultura | 6 de Novembro de 2024 |
6345 | A Coruña | Federación Galega de Pesca e Casting | 24 de Outubro de 2024 |
5658 | A Coruña | FarandOleiras | 22 de Outubro de 2024 |
5060 | Fala ceibe do bierzo | 18 de Outubro de 2024 | |
7450 | Lugo | Fábrica de Sons.Escola de Música | 21 de Febreiro de 2025 |
6840 | Carballo | Estudo Fotográfico | 12 de Novembro de 2024 |
6786 | Escolas de Ensino Galego Semente | 10 de Novembro de 2024 | |
7014 | Santiago de Compostela | Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) | 10 de Decembro de 2024 |
7125 | Santiago de Compostela | Erguer.Estudantes da Galiza | 12 de Xaneiro de 2025 |
7241 | Arzúa | Ensino Vivo | 23 de Xaneiro de 2025 |
5855 | Burela | Ensino e CS Xebra | 22 de Outubro de 2024 |
7371 | O Carballiño | Eniac Informática | 11 de Febreiro de 2025 |
7038 | Ferrol | Enérxica S Coop Galega | 10 de Xaneiro de 2025 |
7324 | Lugo | EDLG IES Sanxillao | 30 de Xaneiro de 2025 |
6850 | Ribeira | EDLG IES Número 1 de Ribeira | 12 de Novembro de 2024 |
7329 | Bergondo | EDLG CPI Cruz do Sar | 30 de Xaneiro de 2025 |
5086 | Santiago de Compostela | Edicións Laiovento | 20 de Outubro de 2024 |
7399 | Department of Languages and Cultures. Molloy University. New York | 16 de Febreiro de 2025 | |
5088 | Rábade | Departamento de Dinamización Lingüística IES Río Miño (Rábade) | 20 de Outubro de 2024 |
6977 | Folgoso do Courel | DELICIAS DO SOUTO - Doces de castaña | 17 de Novembro de 2024 |
7495 | Santiago de Compostela | DE NINGHURES | 22 de Marzo de 2025 |