Mudemos de rumbo. O galego ten futuro

Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. 

Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza, e obrigouna a aparentar unha mudanza de actitude que non se corresponde coa intensificación da axenda hostil con medidas lexislativas para favorecer o descoñecemento do galego polo funcionariado, a posibilidade de deixar de usar o galego na CRTVG, a exclusión do galego na lei de intelixencia artificial, ou a negativa a apoiar no parlamento as accións para a reactivación do PXNLG e a oficialidade do galego na UE.

Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. 

A Lei de uso do galego polas entidades locais, a Lei Paz Andrade, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, a Carta Europea das linguas e o PXNLG como grande acordo nacional pola lingua, débense reactivar como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.

PUNTOS MÍNIMOS

A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para  un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:

MEDIDAS URXENTES

Ensino.

Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.

Actividades comerciais e económicas.

Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.

Cultura e lecer.

Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.

Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.

Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

2432 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
5244 Ames Marusia 21 de Outubro de 2024
6941 Mar de lumes 16 de Novembro de 2024
7265 Cangas Mar da Pedra 23 de Xaneiro de 2025
7432 Santiago de Compostela Maos Innovación Social, S. Coop. Galega 20 de Febreiro de 2025
7376 O Carballiño MANDA NABO 12 de Febreiro de 2025
6592 Cangas Mancomunidade de Montes Veciñais en man común do Morrazo 30 de Outubro de 2024
6905 Carballo LUMIEIRA 15 de Novembro de 2024
6789 Nigrán Lucenza - Ateneo de Nigrán 10 de Novembro de 2024
7261 Arzúa Luar das Augas 23 de Xaneiro de 2025
7301 Moaña Lonxa Literaria 26 de Xaneiro de 2025
6447 Santiago de Compostela Lar LILAS 25 de Outubro de 2024
7489 Santiago de Compostela ITACA Asociación Cultural e Xuvenil 26 de Febreiro de 2025
6758 Barreiros IRMANDADE SAN CAETANO 8 de Novembro de 2024
7012 Vilalba INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS 28 de Novembro de 2024
7406 Burela IES Perdouro 17 de Febreiro de 2025
7494 Melide IES de Melide 20 de Marzo de 2025
7377 O Carballiño Herboristería MENTA 12 de Febreiro de 2025
7251 Melide Herba Grileira 23 de Xaneiro de 2025
7288 Melide Herba Grileira 24 de Xaneiro de 2025
7156 Pontevedra Guíate Galicia 14 de Xaneiro de 2025
7184 Santiago de Compostela grupo Municipal Socialista De Santiago de Compostela 18 de Xaneiro de 2025
7247 Arzúa Grupo de Música Tradicional Os da Taberna 23 de Xaneiro de 2025
7223 Ribadeo Grupo de montaña "Pena tallada" 21 de Xaneiro de 2025
7210 Lalín Grela Cultural do Deza 20 de Xaneiro de 2025
6608 Santiago de Compostela Galiza Nova 4 de Novembro de 2024
5627 Santiago de Compostela Galiza Emocional 22 de Outubro de 2024
5173 Boqueixón GALIX 21 de Outubro de 2024
6997 Furafollas Agrupación Teatral 19 de Novembro de 2024
6264 Teo Fundación Moncho Reboiras 23 de Outubro de 2024
7307 Moaña FUNDACIÓN LEGAR 27 de Xaneiro de 2025