Mudemos de rumbo. O galego ten futuro

Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. 

Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza, e obrigouna a aparentar unha mudanza de actitude que non se corresponde coa intensificación da axenda hostil con medidas lexislativas para favorecer o descoñecemento do galego polo funcionariado, a posibilidade de deixar de usar o galego na CRTVG, a exclusión do galego na lei de intelixencia artificial, ou a negativa a apoiar no parlamento as accións para a reactivación do PXNLG e a oficialidade do galego na UE.

Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. 

A Lei de uso do galego polas entidades locais, a Lei Paz Andrade, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, a Carta Europea das linguas e o PXNLG como grande acordo nacional pola lingua, débense reactivar como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.

PUNTOS MÍNIMOS

A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para  un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:

MEDIDAS URXENTES

Ensino.

Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.

Actividades comerciais e económicas.

Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.

Cultura e lecer.

Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.

Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.

Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

2455 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
6871 REDE DO PATRIMONIO 13 de Novembro de 2024
7190 Melide Rede de Consumo "O Careón" 18 de Xaneiro de 2025
6970 Rede da GaliLusofonia 17 de Novembro de 2024
7384 O Carballiño Pulpería PEPITA 13 de Febreiro de 2025
6879 Lugo ProfesoradoGalicia.com 13 de Novembro de 2024
6622 Ponte Caldelas Presidenta da Xunta de delegadas/os e Representante do alumnado no consello escolar do IES de Ponte Caldelas 5 de Novembro de 2024
7360 Moaña Plataforma Proauditorio de Moaña 5 de Febreiro de 2025
5081 Santiago de Compostela Plataforma polo Emprego 20 de Outubro de 2024
5240 Ponteareas Plataforma N120 21 de Outubro de 2024
5740 Arbo Peña Celtista de Arbo 22 de Outubro de 2024
5094 O Grove Patasdepeixe Editora 20 de Outubro de 2024
7434 Santiago de Compostela Partido Galego 20 de Febreiro de 2025
7379 O Carballiño Papelería CARLIN - O Carballiño 13 de Febreiro de 2025
6880 O Carballiño OZOCOgz deseño galego 13 de Novembro de 2024
6126 Lugo Ovica 23 de Outubro de 2024
7471 Arzúa Óscar Rodríguez manjon BNG 22 de Febreiro de 2025
6431 Os Sibailas 24 de Outubro de 2024
7398 Santiago de Compostela Os Sentidos do Bosque 16 de Febreiro de 2025
6772 Valga Os Penoucos 9 de Novembro de 2024
7414 Cerdedo-Cotobade Os Estroinas 18 de Febreiro de 2025
6881 San Sadurniño Obradoiro Dixital Galego 14 de Novembro de 2024
6780 Pontevedra O Garaxe Hermético 10 de Novembro de 2024
6843 Santiago de Compostela NOVA ESCOLA GALEGA 12 de Novembro de 2024
7372 O Carballiño Na Rede Solucións WEB 11 de Febreiro de 2025
6823 Padrón Música e baile tradicional 11 de Novembro de 2024
6829 Padrón Mulleres en Padrón 11 de Novembro de 2024
6868 Santiago de Compostela Movemento Sumar Galicia 13 de Novembro de 2024
6722 Pontevedra Mocidade Galega pola Memoria 6 de Novembro de 2024
7409 O Carballiño Mestre de gaita 17 de Febreiro de 2025
6895 Valga Memoria Histórica de Valga 14 de Novembro de 2024