Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza que haberá de mudar a actitude sobre o galego
Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. O PXNLG, como grande acordo nacional pola lingua, debe ser reactivado como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.
PUNTOS MÍNIMOS
A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:
- 1. Vixencia dos obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua aprobado por unanimidade en 2004.
- 2. Elaboración por parte da Xunta de Galiza, Estado e entidades locais, coa participación de entidades sociais, dun calendario de acción 2024-2027 para a aplicación e actualización de todas as medidas deste Plan, cos recursos necesarios (humanos, técnicos, económicos...) para levalo a cabo.
- 3. Este calendario contemplará a avaliación dos resultados das medidas unha vez aplicadas e as correccións que foren precisas.
MEDIDAS URXENTES
Ensino.
Derrogación do decreto 79/2010. Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas. Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.
Actividades comerciais e económicas.
Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.
Cultura e lecer.
Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento anticipado de produción independente. Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.
Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza.
Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública. Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas. Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.
Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
---|---|---|---|
6994 | Guitiriz | Xermolos | 19 de Novembro de 2024 |
5232 | Ponteareas | Xe Patrimomial. Asociación Patrimonial de Xinzo | 21 de Outubro de 2024 |
6326 | Ames | Xarda Sociedade Cooperativa Galega | 24 de Outubro de 2024 |
6352 | Santiago de Compostela | Veciñal Pontepedriña | 24 de Outubro de 2024 |
5078 | Ourense | Trécola Teatro | 20 de Outubro de 2024 |
7166 | Foz | Touporroutou teatro | 15 de Xaneiro de 2025 |
6581 | Moaña | The lelli kelly's | 30 de Outubro de 2024 |
6998 | Santiago de Compostela | Tempos Arqueólogos SL | 19 de Novembro de 2024 |
7056 | Rianxo | Teatro Airiños | 11 de Xaneiro de 2025 |
7003 | Rubiá | Sputnik Labrego | 20 de Novembro de 2024 |
7202 | Arzúa | Si dicato Labrego Galego Arzúa/Melide | 19 de Xaneiro de 2025 |
6926 | A Coruña | Seminario Galán | 15 de Novembro de 2024 |
5084 | Ourense | Sarabela Teatro | 20 de Outubro de 2024 |
6902 | A Rúa | RockEnSaio | 15 de Novembro de 2024 |
7009 | Ferrol | Rexenerando S. Coop. Galega | 27 de Novembro de 2024 |
6781 | Pontevedra | Retranca | 10 de Novembro de 2024 |
6499 | Arzúa | Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural- Rede do Rural | 26 de Outubro de 2024 |
6871 | REDE DO PATRIMONIO | 13 de Novembro de 2024 | |
7190 | Melide | Rede de Consumo "O Careón" | 18 de Xaneiro de 2025 |
6970 | Rede da GaliLusofonia | 17 de Novembro de 2024 | |
6879 | Lugo | ProfesoradoGalicia.com | 13 de Novembro de 2024 |
6622 | Ponte Caldelas | Presidenta da Xunta de delegadas/os e Representante do alumnado no consello escolar do IES de Ponte Caldelas | 5 de Novembro de 2024 |
5081 | Santiago de Compostela | Plataforma polo Emprego | 20 de Outubro de 2024 |
5240 | Ponteareas | Plataforma N120 | 21 de Outubro de 2024 |
5740 | Arbo | Peña Celtista de Arbo | 22 de Outubro de 2024 |
5094 | O Grove | Patasdepeixe Editora | 20 de Outubro de 2024 |
7193 | O Carballiño | OZOCOgz Deseño Galego | 19 de Xaneiro de 2025 |
6880 | O Carballiño | OZOCOgz deseño galego | 13 de Novembro de 2024 |
6126 | Lugo | Ovica | 23 de Outubro de 2024 |
6431 | Os Sibailas | 24 de Outubro de 2024 |