Plenarios comarcais manifestación 8F

De cara á preparación da manifestación do 8 de febreiro estanse a convocar plenarios de Queremos Galego nas diferentes comarcas do país. Xa están confirmados os seguintes:

A CORUÑA

Día: 26 de xaneiro

Hora: 20.00

Lugar: Biblioteca da A. Veciñal de Monte Alto

OURENSE

Día: 27 de xaneiro

Hora: 20.00

Lugar: Liceo de Ourense

PONTEVEDRA

Día: 29 de xaneiro

Hora: 20.00

Lugar: Casa das Campás

 

VIGO

Día: 23 de xaneiro

Hora: 20.15

Lugar: Local da CIG (r/ Gregorio Espino 31)

 

BARBANZA

Día: 24 de xaneiro

Hora: 18.30

Lugar: Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (entrada polo Bar Plaza)

 

O BARCO

Día: 29 de xaneiro

Hora: 20.00

Lugar: Multiusos do Barco de Valdeorras

 

LUGO

Día: 19 de xaneiro

Hora: 19.00

Lugar: Centro Social Maruxa Mallo (Carril das Hortas, rx s/n)

 

DEZA

Día: 15 de xaneiro

Hora: 20.30

Lugar: Lalín

Autobuses para a manifestación do 17 de maio

Aquí iremos engadindo as liñas de autobuses para a manifestación:

  • COSTA DA MORTE – BERGANTIÑOS

Sairá un autobús de Cee ás 10 hs. e a data límite para se anotar é a terza feira día 14, no local da CIG CEE.

Tlf: 981 745 266. Cobrarase un prezo simbólico, cheap 2-3€.

  • FERROL

Diante do local comarcal da CIG en Esteiro. Saída ás 10.15 h

Reservas:
9 a 13:30 h – 981 36 40 58 (local comarcal do BNG)
Tardes – 670 854 329 (Suso)

Custo 6 euros

  • OURENSE

Chamar ao 988 23 83 50 (CIG-Ensino) antes do xoves 16 ás 12 da mañá.

Custo 6 euros

  • LUGO

Hora:10:00 horas
Lugar: Diante do Edificio Sindical (Ronda da Muralla nº 58) Lugo
Teléfono para anotarse: 982 22 58 12 (CIG)

  • A CORUÑA

Cómpre anotación previa chamando ao local comarcal da CIG da Coruña (981 169 293) ou enviando un correo electrónico a acorunha@queremosgalego.org, indicando número de prazas que se reservan, nome e teléfono de contacto. O prazo para anotarse remata a cuarta feira, día 15 ás 19h.

Custo: 3 € por persoa para colaborar nos gastos organizativos.

Saída ás 10.30 da mañá da Praza da Palloza. Posibilidade de parada noutras localidades da comarca (enviar correo a acorunha@queremosgalego.org para preguntar).

  • O CONDADO

Saídas:

  • Mondariz, 9:15 h, detrás da Igrexa
  • Mondariz Balneario, 9:20 h, fronte ao Concello
  • Ponteareas, 9:30 h, detrás do Concello (no JJ)
  • O Porriño, 10 h, no Pavillón

Para anotarse, chamar a un dos seguintes telefones: 986 644 026 / 986 337 263 / 618 979  573 / 648 480 834

  •  VIGO

Anotarse nos locais da CIG de Vigo, Cangas e o Porriño, os/as interesados/as deben anotarse previamente até o xoves 16 de maio pola mañá. O prezo da viaxe será de 5 euros, será de balde para estudantes e parados/as.

  • BAIXO MIÑO

Saída: ás 9:30 da Alameda da Guarda facendo tantas paradas de camiño como sexa preciso.
Prezo: 5€
Reserva de prazas nos telfs 986610465 e 679986290 ou no local da CIG na Guarda.

  • A BARBANZA

10,00 horas: Saída da estación de autobuses de RIBEIRA.
10,15 horas: Marquesiña Praza Maior ( frente Restaurante Castelo ) da POBRA.
10,30 horas: Parada Bus Praza do Concello de BOIRO.
10,45 horas: Parada Bus Paseo da Ribeira de RIANXO.

PREZO POR PERSOA: 6 euros.
Os horarios son estimados, mellor estar un pouco antes nas paradas.

  • NOIA – PORTO DO SON

Porto do Son:

•Lonxa vella (Pto. do Son); 10:30 h.

•Parada liña autobus (Portosin); 10:45 h.

Noia: Estación 11:00 h.

  • PONTEVEDRA

Saída ás 10:30 do pavillón dos deportes.

Anotarse nos locais do BNG ou da CIG. tlfs: 986866205 ou 986852950.

Queremos Galego colle forzas de cara á manifestación nacional do 17 de maio

Susana Méndez, look coordinadora de Queremos Galego: “Convidamos todas as persoas que amen o galego a que participen na manifestación nacional do Día das Letras”

 Queremos Galego tamén secunda a mobilización convocada pola Mesa para o vindeiro 10 de maio en apoio a Carlos Callón

Santiago de Compostela, health 4 de maio de 2013.- O plenario da plataforma unitaria Queremos Galego reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela para “pór a punto os motores organizativos” de cara á manifestación nacional que convocaron para o Día das Letras so o lema “Non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos galego!” Esta marcha sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.

_DSC1574

A plataforma, da cal fan parte máis de 700 entidades, dispoñibilizará autobuses desde diferentes puntos de Galiza para as persoas que quixeren acudir. Toda a información porase na súa páxina web: www.queremosgalego.org Ademais, a coordinadora de Queremos Galego, Susana Méndez, apuntou que é posíbel descargar os materiais da convocatoria desde este enderezo web: http://www.amesanl.org/gl/mediateca/dir/mediateca/Cartaz+mani+17M+Queremos+galego

Méndez enfatizou o “convite” para que “todas as persoas que amen o galego participen na manifestación convocada para o Día das Letras”, pois “só a través da presión social constante poderemos garantir os nosos dereitos lingüísticos e o noso futuro como pobo”.

O plenario da plataforma tamén acordou apoiar a mobilización convocada pola Mesa para o vindeiro 10 de maio ás 10 h diante da Audiencia Provincial da Coruña, en apoio a Carlos Callón. O presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego será xulgado “de novo e de forma excepcionalísima nos procedementos xudiciais habituais” por unha denuncia realizada polo ex xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, despois de este afirmar “no tengo ningún rubor en usar La Coruña” nos documentos oficiais, a pesar de que a súa obriga como xuíz é cumprir e facer cumprir as leis.

Carlos Callón xa fora absolto en xaneiro deste ano do cargo de inxurias contra o ex xuíz decano da Coruña, quen reclamaba unha indemnización de 15.000 euros polo feito de o presidente da Mesa lle lembrar a súa obriga de cumprir a Lei de normalización lingüística tras unhas declaracións nas que o nalquel momento xuíz decano manifestaba que non tiña “ningún rubor en usar La Coruña” nos documentos oficiais. Na sentenza (que se pode consultar aquí), ademais de absolver ao presidente da Mesa e portavoz nacional de Queremos Galego, tamén se recordaba toda a lexislación que recoñece A Coruña como o único topónimo oficial, e sinalábase que é normal e lexítimo que as moi desafortunadas declaracións de Fraga Mandián fosen obxecto de crítica pública, como a realizada polo presidente da Mesa, e que esta estaba amparada pola liberdade de expresión.

Porén, nunha insólita decisión, a Audiencia Provincial da Coruña decidiu repetir o xuízo, aceptando o recurso presentado por Fraga Mandián e concedéndolle a vista co fin de repetir o proceso cun novo xuíz, algo moi pouco habitual, moito menos cando se recorre unha sentenza absolutoria.

A caza de bruxas contra os que defendemos o galego continúa. Por ese motivo a plataforma Queremos Galego secunda a mobilización convocada pola Mesa para o día 10 de maio diante da Audiencia Provincial da Coruña.