Queremos Galego deu unha rolda de prensa en Lugo para anunciar a manifestación que haberá en Santiago de Compostela o 17 de maio. Tal e como anunciaron, prevese unha manifestación multitudinaria e festiva, para amosar orgullo de manter viva a lingua galega día a día. Desde Queremos Galego tamén se informou da disposición de autobuses desde diversos puntos do país. A información pode consultarse en www.queremosgalego.gal
Arquivo da categoría: Comarcas
Rolda de prensa e reparto de Queremos Galego en Vigo
Membros de Queremos Galego de Vigo estiveron diante da praza de abastos para dar unha rolda de prensa e realizar un reparto informativo sobre a manifestación que haberá en Santiago de Compostela o 17 de maio. Tal e como anunciaron, prevese unha manifestación multitudinaria e festiva, para amosar orgullo de manter viva a lingua galega día a día.
Rolda de prensa de Queremos Galego en Lugo
Queremos Galego ofrecerá esta segunda feira (luns) 14 maio ás 11:15h unha rolda de prensa na Galería Sargadelos para anunciar a manifestación do 17 de maio e informar dos autobuses que haberá dispoñíbeis para acudir a Santiago de Compostela.