A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Marcos Xose Seoane Vazquez | Paiosaco- A Laracha | Autónomo |
Cándido Fernández Domínguez | O Carballiño | Docente |
Eduardo Álvarez González | Oleiros | Retirado |
XOSE MANOEL PAN MOSQUERA | A Coruña | Xubilado. Diácono |
Miguel Fernández Blanco | Santiago de Compostela | profesor |
Angeles Fernández Sánchez | Ferrol | Veterinaria |
XOSE ALFREDO FONTÁN | CALDAS DE REIS | TELECOMUNICACIÓNS |
Xosé Andrés Varela Fraga | Oleiros | Loxística |
Blanca Fernández Martínex | Mosteiro | |
Xosé Fco. Martínez Reboiras | Santiago de Compostela | Docencia |
Miguel Moreira Barbeito | Muel | Docente |
Xosé Antón García Ferreiro | Sigüeiro. Oroso | Xornalista |
Marta Leis Dosil | ||
eduardo estévez | outes | escritor |
Xurxo Lobato | Culleredo | Fotografo |
Emanuel Salgueiro Álvarez | A CORUÑA | Médico |
Pilar Buceta santos | Pontevedra | Mestra |
Rut Reza | Ourense | Danza |
Tomás Agostiño Álvarez Torres | Corvillón-Cambados | profesor |
Mª Teresa Barros Carballo | Pontevedra | Mestra |
Teresa Cabello de la Torre | Lugo | Profesora Xubilada |
Xosé García Alfonso | Culleredo | Xubilado ensino |
Xabier Saco Gómez | Allariz | xubilado |
BERNARDO ALONSO ALVAREZ | CANGAS | EDUCACIÓN |
Miguel Angél Lorenzo Hermo | Boiro | Mariño |
María José Tarela Davila | Boiro | Traballo na casa |
Manuel Pousa Quintela | A Coruña | Funcionario |
Marcos Calaza Montes | Foz | Docente |
María José Barreiro López de Gamarra | Barcelona | Empleada publica |
Eulalia Lopez-Felpeto | Santiago | Deseñadora gráfica |