ASINA: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua

A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidosLocalidadeActividade
NÉSTOR VEIGA BLANCO O VALADOURO CARTEIRO
Luis Louro A Coruña Educación
Gloria Martínez Quintián Cabanas Xubilada
Thais Núñez Ferro A Coruña Mestra
Ismael Díaz Varela Ferrol Funcionario Docente
Xerardo Rodríguez Arias Compodtela Xubilado
Sol Beiroa Rianxo Mestra
Javier Pereira Díaz A Coruña informática
Sofía Portela Diéguez PONTEVEDRA
Amparo Álvarez González A Coruña Administrativa
Pilar Saavedra Codesido Monforte de Lemos Traballadora Xunta
Joaquín Domínguez Salgado Rianxo Medico
Xosé Manoel MANEIRO CES Rianxo/Santiago Funcionario
Mariña Piñeiro Suárez Cangas Xubilado
María Lubián Diéguez Lubián Técnico de ONG
Pedro Valeije López Madrid Libreiro
Belen Gonzalez Coruña, A Desemplada
María Gómez
ANA BELEN CRESPO BASTOS O Porriño
Carlos Pardo Pardo Santiago de Compostela Pensionista
Rosa María Fernández Rodríguez A Coruña Xubilada
Pepa Martínez Vicente Rianxo Varias
Alejandro Martín Borrego Barcelona Músico
Helena Martínez Baltar Barcelona Química
Maria Curra Moaña
M.Victoria Galbán Bravo Rianxo
ksvdGlSVNf FQXChyqMjDS VHaMWYklDzeQpwA
Brais Pombo Amor Foz Educador social
Juan García Rodríguez Rianxo Parado
Carme García Rodríguez Rianxo Xubilada

Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia. Sigue lendo