ASINA: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua

A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidosLocalidadeActividade
Valtteri Paananen
Mª Consuelo Tacón Sanjuás Teo Arquiveira
Pinja Irri Finland
Ana M. Fernandez Mella A Coruña
Consuelo Fernández Fernández Cenlle Enfermeira
Felipe Louzán Sta Cruz - Oleiros Docente Universidade
Carlos López Abraira Cirio Pol Mestre
Ana Veira Pontedeume Mestra xubilafa
Iván Durán Soto Narón Enxeñeiro informático
Maria Inés Trigo Esmorís Cabanas Limpiadora
Iago Hughes Sanmartín Fene Fisioterapeuta
José Luís Taboada Seoane Vigo Xubilado
Sandra Lorenzo Rodríguez Pontevedra
Mercedes Pérez Laxe Ares Limpadora
Emilio Pereda Castro Ferrol Mariscador
Natalia López Fontán Mugardos
Ánxela Paz Rodríguez Ferrol Educadora social
Gala Dacosta Diehl
Emilio González Legaspi Cervo Xubilado
López Candal Maria Trinidad Lugo Boticaria
Daniel Gómez Magide A Fonsagrada Arquitecto
M. Pilar Sanmartín Alonso Fene Ensinamte xubilada
Daniel Fontán López Mugardos
ALBERTO LORENZO OTERO A Coruña
Gómez López Ferrol Administracion
Tareixa navaza gonzález Aguiar 23.Brión Xornalusta xubilada
María Teresa Estévez Vázquez Vedra Docente xubilada
Marta Díaz Painceira Cedeira edición
Xoán Antón Estúa García Birmingham(GB) xoieiro
Enrique Saez Ponte A Coruña Economista

Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia. Sigue lendo