ASINA: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua

A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidosLocalidadeActividade
María Teresa Estévez Vázquez Vedra Docente xubilada
Marta Díaz Painceira Cedeira edición
Xoán Antón Estúa García Birmingham(GB) xoieiro
Enrique Saez Ponte A Coruña Economista
César López López Santiago de Compostela Enxeñeiro de Son
Ramon Picon Alvarez A illa de Arousa Docente
Pilar Alcántara Colomer Ourense Educadora
Pilar Sampedro Martínez Santiago de Compostela Dicente xubilada
Carmen López Beiras Santiago de Compostela Administracion
Antonio Álvarez Pérez Oleiros Xubilado
Manuel Candal Castro Coruña Xubilado
Xulio Mariño Ruiz Cangas Xubilado
Antonio Manuel Vidal Sánchez A Pobra do Caramiñal Xubilado
Zenón López Beiras Compostela Biólogo
Juana Beiras Compostela Ensino
pura Barrio Val A coruña
Dolores Prieto Luna Ferrol Mestra
Xaquín Penas Patiño A Coruña Biólogo
Davide Leira Caparrós A Coruña Internino
Felipe Gallego Torrado O Carballiño Hosteleiría
Juan Bueno Pardo Biólogo
rafael cid fernandez santiago xornalista
Raúl Fernández Iglesias Arteixo
xaquin campo freire narón xubilado
Bieito Lobeira Domínguez Marín Organización BNG
Marta Romero Garcia
César Vázquez González Ourense
Rosa María Gómez Amigo Arteixo Desempregada
Fernando F. Valiño Fene Xubilado
Bárbara Corbeira Lamas 28 Teleoperadora

Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia. Sigue lendo