Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

Destacado

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Andrés A. García Álvarez Mondariz-Balneario
Ernesto Xosé Paz Caínzos
Paula Pérez Baena Vigo
Guillermo Cid Felpeto
Susana Guerra Rubal Begonte Docencia
santiago garcia bello Catoira Xubilado
Antonio Míguez Amil Ribadavia Turismo
Eloi Domínguez Delgado A Pousa-Monterrei Xubilado
xosé-carlos fernández barcelona Director Xeral
ERNESTA SEOANE ÁLVAREZ CELANOVA ADMINISTRATIVA
Sheila Rodríguez Santabaya Mazaricos Estudante
María Amparo López Hernández Pontevedra Funcionaria
Luis Mejuto Quintela Pontevedra Xubilado
Teresa Nieto Vigo
Vanessa Insua Trigo Carballo Profesora
Angel Alvite Mouzo A Coruña Electromecanico
MERCÉ BARRIENTOS VARELA MUXIA PROFESORA
Xosé Lois Sío Vidal Redondela Profesor
JOSÉ ANTONIO PENA ROMAY SANTIAGO DE COMPOSTELA PERSOAL LABORAL XUNTA
Pilar Sampedro Martínez Santiago de Compostela Pensionista
Maria Sánchez Compostela Educadora
Monica Claver Lopez Barcelona Administracion
Tamara Suárez Carracedo Camelle Hostelería
Teresa Rego Cabanas Foz Docente
Miguel Rivero Covelo Ames Docente
Alexandre Fernandes Ares autónomo
Angeles Sierra Laza Empresaria
Beatriz Lede Vilagarcía de Arousa Educación
MONTSE LOPEZ DOCE A ESTRADA ADMINISTRATIVO
Andrés López Figueiras A PONTE DO PORTO Mestre