A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Pedro Abeledo Cortizas | Pereda de Ancares | Entrenador |
Pilar Pereira Pereiro | Vigo | Administrativa |
jaMOcJFhpxPGtqo | aSXJflTroD | TjNHrUCBkaF |
Maria Blanco Cortés | A CORUÑA | Auxiliar |
Yolanda Rodríguez Draycott | Carballeda de Avis | Mestra |
EVA Ortega Iñarrea | Moaña | Docente |
Iago Barros Moure | Pontevedra | |
Guadalupe Leira Penabad | Narón | |
Manuel Nieto Gil | Cangas | Estudante |
Alberto Martínez Antelo | Santiago de Compostela | Mestre |
M Esther Andrade Andrade | Porqueira | Mestra |
Jaime Amaro Blanco | Vigo | Comunicador Científico |
Xurxo García Castro | Rairiz | Mestre |
Míriam Martínez Troncoso | O Porriño | |
Mercedes Lomba Lamas | Ferrol | Xubilada |
Concepción Freire Montes | Ourense | Operario producción |
José Luis Pereira Romero | A Coruña | Profesor secundaria |
Ana López López | Lugo | Administrativa |
David Diz Rebolo | Narón | Parado |
Iria Carreira Pazos | Arzúa | |
Juan Carlos Mouriño Baamonde | A Estrada | Labrego |
Concepcion Sánchez Sanchez | A Coruña | Xubilada |
María Pilar López López | Lugo | Mestra |
ozBGqfRx | JQZqSRFPbi | RFQuNlniMdZfvsE |
Vanessa Rodriguez Cabo | Baños de Molgas | Turismo |
Luz Marcos Buján | Oleiros | Xubilada |
Secundino Lorenzo Fernandez | OURENSE | XUBILADO |
Iria Villar Rodal | Outes | Profesora |
María Guadalupe Enríquez Parga | Lugo | Xubilada |
Cristina Flor Otero | Coruña, A | Administrativa |