A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Miguel Puras Rivas | Ponte Caldelas | Mestre |
Xose Anton Pedreira Miras | Compostela | activista cultural- libreiro |
Demetrio Gomez Xunqueira | Pontevedra | Ensinante |
ALBERTE GARCÍA NICOLÁS | MIÑO | FISIOTERAPEUTA |
Ana Teijeiro | Coapeito | Mestra |
Xurxo García Grandal | A Capela | Técnico de Son |
Antía Álvarez jimenez | Vigo | Actriz de dobraxe |
Cristina López Sánchez | Betanzos | Conserxe |
Yosua Martínez Rodríguez | A Coruña | Avogacía |
Laura Alvariño Vázquez | Cospeito | Enfermeira |
berta mosquera | A Coruña | Internacional |
Ana Varela Trigo | Cartagena,Murcia | Coidadora persoa dependente |
Martiña Fernández de la Torre | Cuntis | Hixienista dental |
Ángeles Martín Méndez | Pontevedra | Mestra |
Julián Bravo Rivero | Vilagarcía de Arousa | Informática |
María Pilar Brocos Fernández | Santiago de Compostela | profesora universitaria |
Rosana Posada Expósito | Burela | Xubilada |
CARME VILARIÑO VILARIIÑO | A Coruña | FORMACIÓN |
Xosé Bieito Legaspi Villamarín | Gondomar | profesor xubilado |
escolma libraría | o carballiño | libraría |
Sandra Irsheid Barros | Santiago de Composteka | profesoea |
Marta Dacosta López | Ferrol | profesora instituto |
Alicia Trashorras Madarro | Lugo | Educadora |
Adolfo Muíños Sánchez | Rianxo | Alcalde |
Lois Manoel Toirán Vázquez | Baralla | Mestre |
Maghúa Asociación Cultural | A Coruña | Música tradicional |
XOSÉ RAMÓN FEAL MARTÍNS | LUGO | FUNCIÓN PÚBLICA |
Xoán Antón Moreda Pinto | Foz | Reformado |
Eugenio Villaverde Rodríguez | Pontevedra | Xubiliado |
Xesús Méndez Rodríguez | Lugo | Xubilado |