Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

Destacado

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Javier Paz Lema Vigo
guillermo garrido collazo a coruña
maria orosa vazquez vilalba
Luis Eduardo Lorda Cancelo A Coruña Hotelería
Xose Carlos Núñez Lodeiro A Coruña técnico en medios audiovisuais
María Tuñas Nieto Santiago de Compostela Informática
Margarita González Varela A Coruña Mestra xubilada
Xosé Manuel García A Coruña
Xián Neto González Ourense
manoel irixoa cousillas donostia (E.H.) jubilado
Guillermo Rodriguez Froxán Barcelona Medico
Xose Manuel Álvarez Costa Moaña Policía Local xubilado
Elvira Almuíña Viz dende Alemaña profesora
ALFONSO VARELA VIDAL Cabana de Bergantiños Mestre
Gloria Martínez Quintián Cabanas Reformada
Delmiro Rguez Araújo Vigo Profesor xubilado
Carolina Meizoso FERROL Música, Poeta, ...
Fernando Montaos Bello Santiago de Compostela
Maria del Carmen Montero lòpez Ourense Mestre
Diana Yáñez Álvarez O Barco de Valdeorras empregada pública
Rafael Perez Burgos A Coruña Químico analítico
Araceli corsanego veloso Oleiros
Xaneco Tubio Outeiro de Rei luthier
Carlos Pérez Varela A Coruña
Esther Taboada BUEU Docencia
María Montserrat Maneiro Bermúdez Mazaricos Arquivista
Fernando Manuel Rial Noia Mazaricos Informático
Concepción Valladares Vazquez Betanzos Xubilada
Abraham Díaz López Viveiro Tradutor
Pablo Fernández Ans A Coruña