Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

Destacado

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Carlos Vila Nigran Xubilado
Lucía López Cedrón Ourense Traballadora pública
María Cristina Varela García Malpica de Bergantiños Funcionaria de administración local
Carmen García
MARTIN BALADRÓN GROBAS INFORMÁTICA
Cristina Baladrón Grobas Vigo Ensino
Anxo Teixeira
ALEIXO FERNÁNDEZ SOUSA Allariz Estudante
MARIA JOSE GAYOSO RICON VIGO ADMINISTRATIVA
Mercedes Martinez Vazquez Pontevedra Ensino
Miguel Fernández Lomba A Guarda Comercial
Miguel Pérez Lorenzo Vigo Profesor
elsa jackson elsa jackson elsa jackson
Manuel Blanco Casais A Estrada Ganderia
Victoria Roca Martínez Vigo Mestra
Manuel Blanco Labrador
Alejandro Guillán Castaño
Lucía Ordóñez Iglesias Rianxo
Óscar Iglesias Resúa Rianxo Estudante
Susana Peña Liaño Oleiros Xerente
Goretti Tuche Alonso Redondela axente forestal
Vitor Pereira Matosinhos (Portugal)
águeda fraga pita outeiro de rei mestra xubilada
Iago Martínez Anta Teo Informático
JOSÉ MANNUEL PAZOS A Coruña Xubilado
Angel Alvaredo Maceda Ourense Profesor
María Chaves Álvarez Vigo Xubilada
Lara Pita Buezas Lugo médico
Antón Costa Rico Baiona Profesor USC
Maria Garcia Girona Médica psiquiatra