Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

Destacado

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
ANTÓN JARDÓN Vilar de Santos Xubilado
Xosefina Ferrás Sexto Compostela
María Casais Pena
Pablo Barbeito González Salvaterra do Minho
Xosé Bieito Arias Freixedo Cabanas Docente e investigador
Diego Bará Louro Pontevedra Estudante e escritor
Xoán Carlos Domínguez Alberte Celanova Profesor ensino público
Manuel Pillado Silvoso Cambados Xubilado
Xohan Brion Ageitos Profesor
Manuel Santos
José Ramón Veiga Alonso Foz Profesor
Marita Amoedo Gómez Redondela Profesora
Roi Rodríguez Álvarez Santiago de Compostela Economista
Adrián Rey Estravíz Nigrán Coordinación proxectos
Vázquez Bermúdez A coruña Funcionaris
Xose Lois Freire Dominguez Ourense Xubilado
Paula Rodríguez Fraga
Raquel Fernández Carril
Marta Sonia Brandón Iglesias Ames Bombeiro forestal
Francisco Afonso Acuña Redondela Admón..
Alba Orero Canal Ourense
Laura Outón Hoteis
María Carmen Fonntoira Bea O grove Autónoma
Xose Alberte Cea Vigo
Noelia Rodriguez Carracedo Mondoñedo Mestra
Alberte González González Monforte de Lemos Docente
María Palmira Fernández R.guez Castrelo de Miño Xubilada
LUIS LOSADA Pontevedra Mestre
Noemí Álvarez Ames Profesora
Lola Barbeito Caamaño Culleredo Desenvolvemento web

 

Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego

Manifesto

IS QUE NUNCA QUEREMOS GALEGO
LIBERDADE, IGUALDADE E XUSTIZA PARA O GALEGO

Máis que nunca queremos galego porque a situación do galego é crítica mais a situación pode mellorar se se comezar por recoñecer o dereito a ser lingua visíbel, audíbel, e practicábel sempre, a respirar libremente en todos os espazos.

Máis que nunca queremos galego porque o 22,7% das persoas de 4 a 15 anos non saben falar galego.

Máis que nunca queremos galego porque existen límites de todo tipo, tamén legais, para empregalo con normalidade.

Máis que nunca queremos galego porque o goberno galego non só non exerce o seu deber estatutario de defender a lingua, senón que actúa en contra, en ámbitos decisivos como a educación, a sanidade, a xustiza ou os medios de comunicación.

Máis que nunca queremos galego porque hai unha nova ofensiva xudicial e política contra o galego como a recente sentenza do Tribunal Supremo contra a ordenanza de normalización lingüística do Concello de Lugo.

is que nunca queremos galego para defender a liberdade, a democracia e a xustiza en Galiza.

Máis que nunca queremos liberdade para que exista a posibilidade de vida normal en galego.

Máis que nunca queremos igualdade para que non se vulneren os nosos dereitos lingüísticos que son dereitos humanos.

Máis que nunca queremos xustiza para o galego, con xuízas, fiscais ou avogadas que entendan e empreguen o galego.

Máis que nunca queremos galego porque sen lingua non hai desenvolvemento social e económico, non hai liberdade posíbel, non hai igualdade, non hai xustiza. E sen liberdade, sen igualdade, sen xustiza non hai democracia.

is que nunca queremos galego porque a situación do galego non é irreversíbel, porque se pode modificar garantindo os tres principios: liberdade, igualdade e xustiza.

Máis que nunca queremos galego en todas as comarcas, en todos os concellos.

Máis que nunca queremos galego en todo e para todo.

Descarga (imaxe): Cartaz Queremos Galego 2019
Descarga (imaxe): Manifesto Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego
Descarga (PDF): Manifesto Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego

Concentracións 19 de decembro de 2019

 

As mobilizacións previstas para o 19 de decembro son as seguintes:

A Coruña
Obelisco ás 20h

Santiago de Compostela
Praza do Toural ás 20h

Ferrol
Praza Amada García ás 20h

Lugo
Praza Maior ás 20h

Ourense
Praza Maior ás 20h

Pontevedra
Praza da Peregrina ás 20h

Vigo
Praza da Princesa ás 20h