Asina a petición: Sr. Feixoo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego!

Destacado

En momentos tan graves como o que estamos a vivir, para todas e todos nós é necesario recibirmos información clara e precisa. É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas, cumprindo co seu deber e por tanto no idioma propio de Galiza, o que nos une a todas as galegas e galegos.

Porén, a lingua galega está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia.

A lingua galega é o principal elemento de cohesión social e de unidade do pobo galego. Respecto a ela os poderes públicos galegos teñen obrigas, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galiza. Dirixirse a galegos e galegas na súa lingua é unha das súas obrigas e parte das responsabilidades dos seus representantes, en primeiro lugar do Presidente da Xunta, e nomeadamente cando se trata de informalo sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade.

Probabelmente as comparecencias e mensaxes do Presidente da Xunta nestes días sexan as de maior importancia no exercicio da súa responsabilidade. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, redunda no xa coñecido e falso prexuízo que cosidera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante. Desprezar o galego excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza.

O presidente da Xunta, até agora, sempre se dirixiu en galego ao conxunto da cidadanía e aos medios de comunicación galegos. Agora, nunha situación de crise sanitaria, a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía.

Sr Feixoo: vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise.

Por iso, lembrámoslle que a súa obriga é defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua nunha outra vítima da COVID19. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo.

Contra a epidemia precisamos unidade e esperanza no futuro. A unidade e o futuro precisan do galego. Para construírmolas conte connosco e con toda a nosa colaboración.

Nome e apelidosLocalidadeActividade
Xosé Antón Méndez López Ribadumia Xubilado
Antonio Martinez Carballal Ourense
Xaquín Ces Suárez Ames Xubilado
LOIS SÁNCHEZ MEIZOSO Ferrol Ensino
Vicente Mohedano Teo Comunicador de ciencia
Daniel Gómez Ramil Ribeira Profesor xubilado
Susana Fernández
Alexandre Ripoll Anta
Manuel Esperante Ces Boiro Jubilado
Helena González Saavedra Ferrol profesora
Martín Saavedra Lopez 22
María José Tarela Davila Boiro Traballo casa
Celestino Freire Casalderrei Oleiros Autónomo
M Victoria Encinar Fernandez A Coruña Xubilada
Ana Belén Vázquez Pardal
Senén Carrón Curros A Coruña Axente atención ao cliente
RUBÉN VILABOA CEBREIRO MOS
Amalia Fontaiña Perez Vigo Xubillada
reuben dixon reuben dixon reuben dixon
Xesus Fontaiña Perez Cangas Xubilado
M Dolores Fontaiña Perez Pontevedra Ensinante
María Rosa López vilar Nigran
Diego Santamaría Francisco O Porriño Estudante
Noa Mascato Fontaíña Vigo Estudante
Manuel Fontaíña López Nigrán
Amada Traba Díaz Vigo Docente
Rubén Arroxo Fernández Lugo
Pablo Armada Fraga
Ana María Santos Vaamonde A Coruña Profesora
Ana Belén Mellado Franco Cortegada Profesora

 

Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego

Manifesto

IS QUE NUNCA QUEREMOS GALEGO
LIBERDADE, IGUALDADE E XUSTIZA PARA O GALEGO

Máis que nunca queremos galego porque a situación do galego é crítica mais a situación pode mellorar se se comezar por recoñecer o dereito a ser lingua visíbel, audíbel, e practicábel sempre, a respirar libremente en todos os espazos.

Máis que nunca queremos galego porque o 22,7% das persoas de 4 a 15 anos non saben falar galego.

Máis que nunca queremos galego porque existen límites de todo tipo, tamén legais, para empregalo con normalidade.

Máis que nunca queremos galego porque o goberno galego non só non exerce o seu deber estatutario de defender a lingua, senón que actúa en contra, en ámbitos decisivos como a educación, a sanidade, a xustiza ou os medios de comunicación.

Máis que nunca queremos galego porque hai unha nova ofensiva xudicial e política contra o galego como a recente sentenza do Tribunal Supremo contra a ordenanza de normalización lingüística do Concello de Lugo.

is que nunca queremos galego para defender a liberdade, a democracia e a xustiza en Galiza.

Máis que nunca queremos liberdade para que exista a posibilidade de vida normal en galego.

Máis que nunca queremos igualdade para que non se vulneren os nosos dereitos lingüísticos que son dereitos humanos.

Máis que nunca queremos xustiza para o galego, con xuízas, fiscais ou avogadas que entendan e empreguen o galego.

Máis que nunca queremos galego porque sen lingua non hai desenvolvemento social e económico, non hai liberdade posíbel, non hai igualdade, non hai xustiza. E sen liberdade, sen igualdade, sen xustiza non hai democracia.

is que nunca queremos galego porque a situación do galego non é irreversíbel, porque se pode modificar garantindo os tres principios: liberdade, igualdade e xustiza.

Máis que nunca queremos galego en todas as comarcas, en todos os concellos.

Máis que nunca queremos galego en todo e para todo.

Descarga (imaxe): Cartaz Queremos Galego 2019
Descarga (imaxe): Manifesto Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego
Descarga (PDF): Manifesto Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego

Concentracións 19 de decembro de 2019

 

As mobilizacións previstas para o 19 de decembro son as seguintes:

A Coruña
Obelisco ás 20h

Santiago de Compostela
Praza do Toural ás 20h

Ferrol
Praza Amada García ás 20h

Lugo
Praza Maior ás 20h

Ourense
Praza Maior ás 20h

Pontevedra
Praza da Peregrina ás 20h

Vigo
Praza da Princesa ás 20h