Maniféstate pola lingua este 17 de maio.
A Plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 entidades sociais e culturais do país, convoca a sociedade a manifestarse o 17 de maio baixo o lema “En galego aquí e agora”.
Como cada ano, milleiros de galegos e galegas enchen as rúas para manifestarse a favor de vivir na lingua propia de Galiza.
Todos os avances que se conseguiron para o galego foi pola perseverancia e polo esforzo do pobo galego.
Somos a única nación do Estado na que a lingua está sostida exclusivamente na forza da sociedade.
Uxía lanza un videoclip colectivo de “A fala”, coa colaboración de Tanxugueiras e Faia.
A manifestación deste ano 2023 organizarase a través de concentracións por todo o país, que están abertas a que participe todo o mundo.