Participa na multitudinaria foliada pola lingua. 17 de maio. 12h.

Este 17 de maio voltaremos ás rúas co clamor unánime de Lingua vital xa!

Queremos que na manifestación que sairá ás 12h da Alameda de Santiago, o baile e as pandeiretas enchan as rúas para rematar na praza do Obradoiro nunha multitudinaria foliada pola lingua que será a grande homenaxe colectiva ás cantareiras e pandeireteiras. Por moito que a tentaron calar, a música galega rexorde unha e outra vez e con ela a nosa lingua.

Para organizar o espazo para tocar e bailar apúntate ti, á túa agrupación ou amizades neste formulario.