A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
| Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
|---|---|---|---|
| 5644 | Melón | Asociación de veciños "Coto da Man da Moura" de Barcia | 22 de Outubro de 2024 |
| 7231 | Riotorto | Asociación de veciñas e veciños de Órrea | 22 de Xaneiro de 2025 |
| 6799 | A Coruña | Asociación de tocadoras galegas Somos Pandeireteiras | 10 de Novembro de 2024 |
| 6586 | Moaña | Asociación de recuperación embarcacións tradicionais | 30 de Outubro de 2024 |
| 6852 | Pontevedra | Asociacion de Palilleiras A Fiesitiña | 12 de Novembro de 2024 |
| 6858 | Pontevedra | Asociación de Mulleres Amarinda Mourente | 12 de Novembro de 2024 |
| 7175 | Moaña | Asociación de Jazz de Moaña | 16 de Xaneiro de 2025 |
| 7225 | Ribadeo | Asociación de Irmandade Ribadeo-Loktudi | 21 de Xaneiro de 2025 |
| 6824 | Asociación de Gaiteiros Galegos | 11 de Novembro de 2024 | |
| 7230 | Riotorto | Asociación de Ferreiros | 22 de Xaneiro de 2025 |
| 7306 | Moaña | Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras Demencias do Morrazo - AFAMO | 27 de Xaneiro de 2025 |
| 5087 | Santiago de Compostela | Asociación de Escritoras en Lingua Galega | 20 de Outubro de 2024 |
| 6787 | A Coruña | Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega | 10 de Novembro de 2024 |
| 7197 | Arzúa | Asociación Cutinocho | 19 de Xaneiro de 2025 |
| 7380 | O Carballiño | Asociación Cultural TERRAS DO ARENTEIRO | 13 de Febreiro de 2025 |
| 7258 | Melide | Asociación Cultural Terra de Melide | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 6803 | Negreira | Asociación cultural Son Terra | 10 de Novembro de 2024 |
| 7542 | A Coruña | ASOCIACION CULTURAL SON D'AQUÍ | 12 de Novembro de 2025 |
| 6837 | Pontevedra | Asociación cultural San Cibran | 11 de Novembro de 2024 |
| 7304 | Carballo | Asociación Cultural San Campio de Cances | 27 de Xaneiro de 2025 |
| 6779 | Padrón | Asociación Cultural Rosalía de Castro de Padrón | 10 de Novembro de 2024 |
| 7152 | Ribadeo | Asociación Cultural Ronqueta | 14 de Xaneiro de 2025 |
| 6783 | Malpica de Bergantiños | Asociación cultural Raigañas | 10 de Novembro de 2024 |
| 7254 | Arzúa | Asociación Cultural Piknitas | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 6773 | Valga | Asociación Cultural Os Penoucos | 9 de Novembro de 2024 |
| 7091 | Rianxo | Asociación cultural Ondiñas Mainas | 11 de Xaneiro de 2025 |
| 7523 | Vimianzo | Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo | 10 de Maio de 2025 |
| 7103 | Camariñas | Asociación Cultural Naufraxios Galegos | 11 de Xaneiro de 2025 |
| 7172 | Pontevedra | Asociación Cultural Maravallda | 16 de Xaneiro de 2025 |
| 7297 | Pontevedra | Asociación Cultural Maio Longo | 25 de Xaneiro de 2025 |
