A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!

2496 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
6258 Vilariño de Conso Asociacion socioculturale rural do cenza 23 de Outubro de 2024
6709 Betanzos ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ZONA HADAL 6 de Novembro de 2024
5470 Pontevedra Asociación Sociocultural Cedofeita 21 de Outubro de 2024
7277 Ferrol Asociación Socio-Cultural Muíño do Vento 23 de Xaneiro de 2025
7238 Arzúa ASOCIACION SOCIO CULTURAL FESTA DA GAITA GALEGA 23 de Xaneiro de 2025
6556 Maside asociacion socio cultural a fonte de a touza 29 de Outubro de 2024
7198 A Coruña Asociación Pro-Fundación Manoel Vello 19 de Xaneiro de 2025
6888 O Grove ASOCIACIÓN POLA MEMORIA HISTÓRICA DO GROVE 14 de Novembro de 2024
6004 Viveiro Asociación Pensamento e sementeira (Viveiro) 22 de Outubro de 2024
7533 Narón Asociación para o Desenvolvemento Cultural i Económico Xebra 9 de Xullo de 2025
6812 Barro Asociación musical Cultura tirante 11 de Novembro de 2024
6830 Cerdedo-Cotobade Asociación Mulleres Creativas de Quireza 11 de Novembro de 2024
6554 Moaña Asociación Moaña AntiQua 29 de Outubro de 2024
6887 Vilagarcía de Arousa ASOCIACIÓN LOBISOME 14 de Novembro de 2024
6784 Betanzos ASOCIACIÓN LAR DE UNTA 10 de Novembro de 2024
6578 Moaña Asociación Jamming Morrazo 30 de Outubro de 2024
6788 Cabana de Bergantiños Asociacion INTEGRO 10 de Novembro de 2024
7530 Asociación Galiza por Palestina 15 de Maio de 2025
7246 Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional 23 de Xaneiro de 2025
7361 Santiago de Compostela Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) 6 de Febreiro de 2025
6139 Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación 23 de Outubro de 2024
7303 Moaña Asociación Folclórica BREOGÁN de MOAÑA 26 de Xaneiro de 2025
7057 Rianxo Asociación Festival Rock in Rian 11 de Xaneiro de 2025
7417 Castrelo de Miño Asociación Festa da Anguía Castrelo de Miño 18 de Febreiro de 2025
6700 Pontevedra Asociación Feminista "Comando Mazá" 6 de Novembro de 2024
7205 Boimorto Asociación Deportiva,Gastronómica, Cultural e AmbientalRÁPIDO DE DORMEÁ 19 de Xaneiro de 2025
7249 Asociación Deportiva Abencos 23 de Xaneiro de 2025
6861 Pontevedra ASOCIACION DE VECIÑOS SAN BIEITO DE LÉREZ 13 de Novembro de 2024
6853 Pontevedra Asociación de Veciños O Mirador 12 de Novembro de 2024
7446 Dodro Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño 20 de Febreiro de 2025

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.