A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
| Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
|---|---|---|---|
| 7419 | Moaña | Comunidade | 18 de Febreiro de 2025 |
| 6846 | Santiago de Compostela | Compostela Aberta | 12 de Novembro de 2024 |
| 7393 | Moaña | Comparsa Habelas Hailas | 15 de Febreiro de 2025 |
| 7374 | Tui | Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño, Louriña, Condado. | 11 de Febreiro de 2025 |
| 7407 | Moaña | Comisión de Fiestas Samertolameu | 17 de Febreiro de 2025 |
| 7551 | Ponteceso | Comisión de festas da Barquiña | 8 de Marzo de 2026 |
| 7423 | O Carballiño | Comercial ORCELLÓN | 18 de Febreiro de 2025 |
| 7296 | Santiago de Compostela | Comadres das Letras | 25 de Xaneiro de 2025 |
| 7299 | Comadres das Letras | 26 de Xaneiro de 2025 | |
| 6458 | A Coruña | Colexio Profesional de Logopedas de Galicia | 25 de Outubro de 2024 |
| 6613 | Colexio Profesional | 4 de Novembro de 2024 | |
| 6437 | Santiago de Compostela | Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia | 25 de Outubro de 2024 |
| 6565 | Lugo | Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo | 30 de Outubro de 2024 |
| 6624 | Santiago de Compostela | COLEXIO OFICIAL DA ENXEÑARÍA TÉCNICA FORESTAL DE GALICIA | 5 de Novembro de 2024 |
| 6343 | A Coruña | Colexio de Odontólogos de A Coruña | 24 de Outubro de 2024 |
| 6614 | Santiago de Compostela | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia | 4 de Novembro de 2024 |
| 7358 | Viveiro | Colectivo Pensamento e Sementeira | 5 de Febreiro de 2025 |
| 6821 | Padrón | Colectivo "Baixo Ulla Vivo" | 11 de Novembro de 2024 |
| 6038 | Lugo | coleccion de instrumentos musicais de Lugo | 22 de Outubro de 2024 |
| 7476 | Mondoñedo | Coalición Galega | 22 de Febreiro de 2025 |
| 7302 | Santiago de Compostela | CLUB XADREZ ALGALIA | 26 de Xaneiro de 2025 |
| 6872 | Pontecesures | CLUB NAUTICO PONTECESURES | 13 de Novembro de 2024 |
| 6336 | Bergondo | Club de Remo Olímpico do Mandeo | 24 de Outubro de 2024 |
| 6362 | Vila de Cruces | CLUB DE LOITA KELTOI CRUCES | 24 de Outubro de 2024 |
| 7404 | O Carballiño | Clínica dental CARBALLIÑO | 17 de Febreiro de 2025 |
| 5062 | Santiago de Compostela | CIG-Ensino | 18 de Outubro de 2024 |
| 7378 | Santiago de Compostela | CIG FINSA GALIZA | 12 de Febreiro de 2025 |
| 6485 | Marín | Cifras e letras Marín | 26 de Outubro de 2024 |
| 6884 | Boiro | CHARLATANA S. COOP. GALEGA | 14 de Novembro de 2024 |
| 7453 | Ourense | Charanga Bicoia | 21 de Febreiro de 2025 |
