A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
---|---|---|---|
6294 | Betanzos | 24 de Outubro de 2024 | |
6806 | Baiona | 11 de Novembro de 2024 | |
7062 | Rianxo | 11 de Xaneiro de 2025 | |
7318 | Tomiño | 29 de Xaneiro de 2025 | |
5271 | 21 de Outubro de 2024 | ||
5527 | As Pontes de García Rodríguez | 22 de Outubro de 2024 | |
5783 | Lugo | 22 de Outubro de 2024 | |
6039 | 22 de Outubro de 2024 | ||
6295 | Ames | 24 de Outubro de 2024 | |
6551 | Rianxo | 29 de Outubro de 2024 | |
6807 | Vigo | 11 de Novembro de 2024 | |
7063 | Rianxo | 11 de Xaneiro de 2025 | |
5272 | Portas | 21 de Outubro de 2024 | |
5528 | 22 de Outubro de 2024 | ||
5784 | Ortigueira | 22 de Outubro de 2024 | |
6040 | A Coruña | 22 de Outubro de 2024 | |
6296 | Celanova | 24 de Outubro de 2024 | |
6552 | Baiona | 29 de Outubro de 2024 | |
7064 | Rianxo | 11 de Xaneiro de 2025 | |
5273 | Chantada | 21 de Outubro de 2024 | |
5529 | Tomiño | 22 de Outubro de 2024 | |
5785 | Outeiro de Rei | 22 de Outubro de 2024 | |
6297 | Barbadás | 24 de Outubro de 2024 | |
6553 | Neda | 29 de Outubro de 2024 | |
6809 | Baiona | 11 de Novembro de 2024 | |
7065 | Ribeira | 11 de Xaneiro de 2025 | |
5274 | Lobios | 21 de Outubro de 2024 | |
5530 | Ames | 22 de Outubro de 2024 | |
5786 | Vigo | 22 de Outubro de 2024 | |
6042 | Vigo | 22 de Outubro de 2024 |