A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidosLocalidadeActividade
Marta Leis Dosil
eduardo estévez outes escritor
Xurxo Lobato Culleredo Fotografo
Emanuel Salgueiro Álvarez A CORUÑA Médico
Pilar Buceta santos Pontevedra Mestra
Rut Reza Ourense Danza
Tomás Agostiño Álvarez Torres Corvillón-Cambados profesor
Mª Teresa Barros Carballo Pontevedra Mestra
Teresa Cabello de la Torre Lugo Profesora Xubilada
Xosé García Alfonso Culleredo Xubilado ensino
Xabier Saco Gómez Allariz xubilado
BERNARDO ALONSO ALVAREZ CANGAS EDUCACIÓN
Miguel Angél Lorenzo Hermo Boiro Mariño
María José Tarela Davila Boiro Traballo na casa
Manuel Pousa Quintela A Coruña Funcionario
Marcos Calaza Montes Foz Docente
María José Barreiro López de Gamarra Barcelona Empleada publica
Eulalia Lopez-Felpeto Santiago Deseñadora gráfica
Brais Iglesias Montes Lalín Estudante
Denís Iglesias Montes Lalín Estudante
Rafael Iglesias Blanco Lalín Carteiro rural
David García Pauwels Sada técnico informático
Maria Dolores Lopez Caion Friol Funcionaria
Fernando Lago Amoedo Redondela Soldador
Manuel Axeitos Pérez Pobra do Caramiñal Xubilado
Silvia Guimarey Vila Vigo Profesora
Suárez Moledo Bergondo Profesora
Pilar Carbajales Laxe Vigo Avogada
Xoan ignacio lopes crespo Coiros Xubilado
Xoán Carlos Garrido Couceiro A Estrada Profesor

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.