A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
David VILAS ANTELO | Santiago | Estudante |
Xose Nel Comba Paz | Narón | Docente |
Xoán Xosé Lorenzo Lourido | Ferrol | Ensinante |
Xose Alberte Cea | Vigo | Orientador llaboral |
Rosa Valcárcel Vázquez | Compostela | Aux. Administrativa |
Manuel Polo Gundin | Fene | Técnico de deportes |
Flora Carpente Leira | Lugo | Administración |
Dani Agulló lópez | Narón | Mestre |
Xoán Manuel. Estévez Freijeiro. | Vigo | Pensionista. |
Olaia Ledo Díaz | Narón | Audiovisual e marketing |
Felisindo González Iglesias | Eiras | |
Fernando Lacaci Batres | Compostela | Funcionario |
José Manuel Souto Lamas | Valdoviño | Xubilado |
XAN CARLOS GONZALEZ PEREZ | Teo | Promoción Turística |
Nicolasa Castro Monteiro | Pontedeume | Docente |
Julia Pérez Graña | Vigo | Sanidade |
Asociación Cultural Segredos de Pantón | Pantón | Asociación cultural |
Nosa Enerxía S.Coop.Galega | Vigo | Comercializadora de enerxía |
Eva Pérez Salgado | Vigo | Traballadora función pública |
Ángel Montero Campos | Valga | enerxía |
xulio g. costas | ourense | |
Iván García Campos | Coruña, A | Escritor |
Jose Castro Tasende | Carballo | Conductor |
Lucas Vázquez | Ourense | Enxeñeiro agrícola |
Xepe Torres Reino | Proupín | Ensino |
Marco Antón Loxo Vilas | Muros | Retirado |
Alexandre Fernández Fernández | Educador Físico Deportivo | |
Carme Fernández Perez-Sanjulián | A Coruña | Profesora UDC |
Laura Arrojo Reguera | Castroverde | Docebte |
leonisa rei castro | pontedeume |