ASINA: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua

A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidosLocalidadeActividade
Fernando Rodríguez Lamela Narón Docente
Luís López Alonso
Anxo Louzao Rodríguez Compostela profesor
SERXIO GOMEZ VAZQUEZ Ourense Psicólogo
Nieves Rodríguez Brisaboa A Coruña profesora UDC
Maite lopez alonso Sarria Sanitaria
Iago Araujo Molina Pontevedra
Mónica Domínguez Cid Vigo Contable
Leticia Oubiña Mariño Illa de Arousa Docente
Marina Caldeiro Muñiz Narón
Xose López Sanmatín Ribeira
Natalia Lodeiros Souto Cambre Estudante
Xosé M. Penas Patiño Santiago Reformado
Adrián Hernández Vigo Autónomo
Ramón Couce Blanco Ames Arquitecto técnico
Andrea Martíns Fernández Ribadeo Profesors
Belen González Ourense Freelance
Eduardo Fernández Díaz A Estrada Estudante
Olivier Arias López Lugo
ALBERTE GONZALEZ RODRIGUEZ LUGO ARQUITECTO
María Carmen Cacheiro Lado Mazaricos Docente
Carlos gonzalez Naron
Teresa Carballido Salgado FERROL Mestra
Daniel Muñiz Fontoira
Álvaro Xesús García Freire Vilasantar Traballador administración
BENIGNO abeledo gonzalez Lugo Administrativo
Marcos Abeledo González Lugo Integrador Social
Cristina Álvarez Álvarez Vigo Bióloga
Antía Fernández Moscoso
Xoán Carlos Pardo Martínez Carral

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.