A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!

2146 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
5276 Ourense 21 de Outubro de 2024
5532 Teo 22 de Outubro de 2024
5788 Ares 22 de Outubro de 2024
6044 Cuntis 22 de Outubro de 2024
6300 Santiago de Compostela 24 de Outubro de 2024
5277 Pontevedra 21 de Outubro de 2024
5533 Noia 22 de Outubro de 2024
5789 Barbadás 22 de Outubro de 2024
6045 Lugo 22 de Outubro de 2024
6301 Santiago de Compostela 24 de Outubro de 2024
6557 A Laracha 29 de Outubro de 2024
7069 Ribeira 11 de Xaneiro de 2025
5278 Ferrol 21 de Outubro de 2024
5534 A Laracha 22 de Outubro de 2024
5790 Vigo 22 de Outubro de 2024
6046 O Pino 22 de Outubro de 2024
6814 Oleiros 11 de Novembro de 2024
7070 Ribeira 11 de Xaneiro de 2025
5279 Verín 21 de Outubro de 2024
5535 Ponteareas 22 de Outubro de 2024
5791 Valga 22 de Outubro de 2024
6047 Burela 22 de Outubro de 2024
6303 Santiago de Compostela 24 de Outubro de 2024
6559 Pontevedra 29 de Outubro de 2024
6815 Palas de Rei 11 de Novembro de 2024
7071 Ribeira 11 de Xaneiro de 2025
5280 Salvaterra de Miño 21 de Outubro de 2024
5536 Oza-Cesuras 22 de Outubro de 2024
5792 Rianxo 22 de Outubro de 2024
6048 A Coruña 22 de Outubro de 2024

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.