A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!

2495 Adhesións totais

Record IDConcelloAsociación/Colectivo
(só no caso que sexa unha sinatura na súa representación)
Date Recorded
7038 Ferrol Enérxica S Coop Galega 10 de Xaneiro de 2025
7527 A Coruña Empuje.net 15 de Maio de 2025
7324 Lugo EDLG IES Sanxillao 30 de Xaneiro de 2025
6850 Ribeira EDLG IES Número 1 de Ribeira 12 de Novembro de 2024
7329 Bergondo EDLG CPI Cruz do Sar 30 de Xaneiro de 2025
5086 Santiago de Compostela Edicións Laiovento 20 de Outubro de 2024
7399 Department of Languages and Cultures. Molloy University. New York 16 de Febreiro de 2025
5088 Rábade Departamento de Dinamización Lingüística IES Río Miño (Rábade) 20 de Outubro de 2024
6977 Folgoso do Courel DELICIAS DO SOUTO - Doces de castaña 17 de Novembro de 2024
7495 Santiago de Compostela DE NINGHURES 22 de Marzo de 2025
6560 A Laracha David Bermúdez Dj 29 de Outubro de 2024
6839 Vigo CUT 12 de Novembro de 2024
7473 Monforte de Lemos ct.galega 22 de Febreiro de 2025
7561 Coristanco CRA A Tarandeira 5 de Abril de 2026
7222 Ribadeo Coral Polifónica de Ribadeo 21 de Xaneiro de 2025
5925 Pontevedra Coordinadora de traballadores/as de normalización da lingua 22 de Outubro de 2024
6564 A Coruña Consello Galego de Graduados Sociais 30 de Outubro de 2024
6794 Santiago de Compostela Confederación ANPAS GALEGAS 10 de Novembro de 2024
7351 O Barco de Valdeorras Concello do Barco de Valdeorras 3 de Febreiro de 2025
7498 San Sadurniño Concello de San Sadurniño 1 de Abril de 2025
6584 Oleiros CONCELLO DE OLEIROS 30 de Outubro de 2024
7522 Mazaricos CONCELLO DE MAZARICOS 9 de Maio de 2025
7013 Barbadás Concello de Barbadás 2 de Decembro de 2024
7245 Arzúa Concello de Arzúa 23 de Xaneiro de 2025
7492 A Teixeira Concello de A Teixeira 19 de Marzo de 2025
7171 Santiso Concello de Santiso 16 de Xaneiro de 2025
7524 Ribadavia Concelleiro Ribadavia. Colectivo Ribeiro en Común 11 de Maio de 2025
7316 Moaña Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Domaio 29 de Xaneiro de 2025
7445 Tui Comunidade de Montes Veciñais en man común de Areas-Tui 20 de Febreiro de 2025
7310 Moaña Comunidade de Montes de Meira 27 de Xaneiro de 2025

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.