A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Telmo Cillero Vázquez | A Coruña | |
Antón Cortizas Amado | Ferrol | Docente xubilado e escritor |
Concepción López López | A fonsagrada | .mestra |
Uxía Garrido Filgueira | Lugo | Profesora |
Rosa Moreiras Cuñarro | Teo | Técnica Normalización lcs |
Chisco Amado Leira | Valdoviño | |
Xosé Manuel Lema Grela | Culleredo | Empregado |
Daniel Oliveira Vázquez | Ourense | Enxeñería |
Alba Diaz Varela | Santiago | Economista |
ROSARIO CEREIJO | LUGO | |
Casimiro Fernandez Pardo | Compostela | Jubilados ensino |
Francisco Xosé Candia Durán | Lugo | Profesor |
Alberte Blanco Casal | Verín | Ensino |
Marisol Seoane Carro | Ferrol | |
Xosé Lois | Díaz Fernández | Educador Social |
Manuel Omil Vozmediano | Pontevedra | estudante |
Aldara Muíños | Rianxo | Estudante |
Jose Ignacio Naya Moreira | A Coruña | Turismo |
Covadonga Rodríguez Argüelles | Rianxo | Mestra |
Pilar Rei Teixeiro | Foz | Ceramista |
Francisco Javier Novo Rubianes | Meira | Chofer |
Sant-Iago Ortiz Nunez | Compostela | Profesor |
ROBERTO MUIÑO RODRÍGUEZ | MONDOÑEDO | AVOGADO |
José M. Rey Aguiño | Cambados | Patrimonio cultural |
María Dolores López Sanmartín | Pontevedra | |
Eugenio Quintas Alborés | Verín. | Médico internista. |
Marcelino Jorge Iglesias | Vigo | |
Xosé Antón Gómez Fernández | Ourense | Médico internista xubilado. |
Luis M Vázquez Fernández | ||
Mónica Fernández Fernández | Lugo | docente |