A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidosLocalidadeActividade
Secundino Fernandez Fernandez Viana do Bolo Funcionario. Enxeñeiro
Santiago Carballido Otero A Coruña Xubilado
Celestino Pérez Recarey Pontevedra
Conchi Penedo Pousa Santiago de Compostela autónoma
Marisol Fernández Rocha Lugo mestra (clases pasivas
Xavier Alcalá A Coruña Enxeñeiro
ANTONIO PIÑEIRO SEAGE DODRO ECONOMISTA
Xoán Carlos Miranda Carro Vigo SAC
Puri Tejelo Núñez A Coruña Ensino Medio
a. lopez veira Barcelona abogado
Carme García Pereiro Oleiros (A Coruña) Prof. Xubilada
Moncho Lareu Riveiro Vigo - Galiza Profesor de secundaria
Carmen Sueiras Romero A Coruña Profesora xubilada
Alberto Pereira Suárez Pontevedra Mestre
Raúl Gómez Pato Catoira Profesor
Horacio Fernández Bos Aires, Arxentina Administración
Carlos Gómez Bermúdez Sada Prof. (Xubilado)
RODRIGO MONTES RODRÍGUEZ FERROL DOCENTE
Fiz Gomez Gratacos A Coruña
Flora Agúndez Prieto Santiago de Compostela Enxeñeira Técnica Agrícola
María Muñiz Pérez Pobra do Caramiñal Xubilada
Manuel Penas Orois Gavá (Barcelona ) Xubilado
Mª del Carmen Gratacos Rius A Coruña xubilada
cristina pavon vigo profesora
Carlos de Cadtro Lorenzo Pontedeume Farmaceútico
Rosalia Cortizas Leira Narom Mestra
Ana Isabel Hernández Pérez A Fonsagrada
celso posada fernández ferrol mestre educación primaria e activista social
jose antonio carrera gonzalez vigo museos
Hernán Rouco Neira

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.