ASINA: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua

A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidosLocalidadeActividade
Marcelino Jorge Iglesias Vigo
Xosé Antón Gómez Fernández Ourense Médico internista xubilado.
Luis M Vázquez Fernández
Mónica Fernández Fernández Lugo docente
Alexandre Negro Perez Tui Operario
Carolina Caamaño lopez LUGO
Carlos Fernandez Fernandez OURENSE Profesor xubilado
Xoán Manuel Caruncho Díaz Santiago de Compostela empregado
Ruben Fernández Villarino Pereira (Bande) Patrimonio
Anxo Manuel Deive Martínez Barakaldo Xubilado
Xosé García D. Celanova
Xoán M. Cabo Pérez Brión Mestre
Pablo Iglesias Tacón Teo Estudante
Antonio Mariño Fernandez Tomiño Conductor
María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez A Fonsagrada Mestra xubilada
Ramiro Martínez Carballosa S. Román de Cervantes. Cura
Fernández Perez Mariana Vigo Profesora
Ramón García Valiño Miño
Fernandez Alonso Juanl Jose Fonsagrada Gandeiro
MARIAN ARAUJO MUIÑOS SANTIAGO PROFESORA
Antonio orozco gonzález Fene Xubilado
Xoán Carlos Fernández Pereiro O Porriño
Begoña Caldas Vigo
María Cruz Fernandez Vigo Informática
Francisco Iglesias Romero Noia Estudante
Araceli corsanego veloso Bastiagueiro Xubilada
Xosé Baamonde Silva Silleda Profesor
Elena Freijo Gómez Vigo Xubilada
Marivi Varela Caínzos Narón Administrativa
luz Cao Losada Vigo Xubilada

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.