ASINA: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua

A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidosLocalidadeActividade
Ana Isabel Hernández Pérez A Fonsagrada
celso posada fernández ferrol mestre educación primaria e activista social
jose antonio carrera gonzalez vigo museos
Hernán Rouco Neira
Telmo Cillero Vázquez A Coruña
Antón Cortizas Amado Ferrol Docente xubilado e escritor
Concepción López López A fonsagrada .mestra
Uxía Garrido Filgueira Lugo Profesora
Rosa Moreiras Cuñarro Teo Técnica Normalización lcs
Chisco Amado Leira Valdoviño
Xosé Manuel Lema Grela Culleredo Empregado
Daniel Oliveira Vázquez Ourense Enxeñería
Alba Diaz Varela Santiago Economista
ROSARIO CEREIJO LUGO
Casimiro Fernandez Pardo Compostela Jubilados ensino
Francisco Xosé Candia Durán Lugo Profesor
Alberte Blanco Casal Verín Ensino
Marisol Seoane Carro Ferrol
Xosé Lois Díaz Fernández Educador Social
Manuel Omil Vozmediano Pontevedra estudante
Aldara Muíños Rianxo Estudante
Jose Ignacio Naya Moreira A Coruña Turismo
Covadonga Rodríguez Argüelles Rianxo Mestra
Pilar Rei Teixeiro Foz Ceramista
Francisco Javier Novo Rubianes Meira Chofer
Sant-Iago Ortiz Nunez Compostela Profesor
ROBERTO MUIÑO RODRÍGUEZ MONDOÑEDO AVOGADO
José M. Rey Aguiño Cambados Patrimonio cultural
María Dolores López Sanmartín Pontevedra
Eugenio Quintas Alborés Verín. Médico internista.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.