A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
| Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
|---|---|---|---|
| 6608 | Santiago de Compostela | Galiza Nova | 4 de Novembro de 2024 |
| 5627 | Santiago de Compostela | Galiza Emocional | 22 de Outubro de 2024 |
| 5173 | Boqueixón | GALIX | 21 de Outubro de 2024 |
| 6997 | Furafollas Agrupación Teatral | 19 de Novembro de 2024 | |
| 6264 | Teo | Fundación Moncho Reboiras | 23 de Outubro de 2024 |
| 7307 | Moaña | FUNDACIÓN LEGAR | 27 de Xaneiro de 2025 |
| 6320 | Santiago de Compostela | Fundación Galiza Sempre | 24 de Outubro de 2024 |
| 6848 | Agolada | Fundación Eira | 12 de Novembro de 2024 |
| 6537 | A Laracha | FOUCELLAS DA BILLARDA | 28 de Outubro de 2024 |
| 6891 | Mondoñedo | Foro Social da Mariña | 14 de Novembro de 2024 |
| 5079 | Santiago de Compostela | Foro Galego de Inmigración | 20 de Outubro de 2024 |
| 7035 | A Pobra do Caramiñal | Fogos do Nazareno | 10 de Xaneiro de 2025 |
| 7206 | Coirós | Fiandola | 19 de Xaneiro de 2025 |
| 6583 | Santiago de Compostela | Feitoría Verde S. Coop. Galega | 30 de Outubro de 2024 |
| 7201 | Santiago de Compostela | Federación Rural Galega - FRUGA | 19 de Xaneiro de 2025 |
| 6680 | A Coruña | Federación Galiza Cultura | 6 de Novembro de 2024 |
| 6345 | A Coruña | Federación Galega de Pesca e Casting | 24 de Outubro de 2024 |
| 5658 | A Coruña | FarandOleiras | 22 de Outubro de 2024 |
| 7545 | Lugo | FAPACEL | 18 de Novembro de 2025 |
| 5060 | Fala ceibe do bierzo | 18 de Outubro de 2024 | |
| 7450 | Lugo | Fábrica de Sons.Escola de Música | 21 de Febreiro de 2025 |
| 6840 | Carballo | Estudo Fotográfico | 12 de Novembro de 2024 |
| 7546 | Viana do Bolo | Estudio Garabizo | 28 de Novembro de 2025 |
| 6786 | Escolas de Ensino Galego Semente | 10 de Novembro de 2024 | |
| 7014 | Santiago de Compostela | Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) | 10 de Decembro de 2024 |
| 7125 | Santiago de Compostela | Erguer.Estudantes da Galiza | 12 de Xaneiro de 2025 |
| 7241 | Arzúa | Ensino Vivo | 23 de Xaneiro de 2025 |
| 5855 | Burela | Ensino e CS Xebra | 22 de Outubro de 2024 |
| 7371 | O Carballiño | Eniac Informática | 11 de Febreiro de 2025 |
| 7038 | Ferrol | Enérxica S Coop Galega | 10 de Xaneiro de 2025 |
