A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

 
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidosLocalidadeActividade
Helena Alvarez Testa Redondela Delineante
Miguel Anxo Fernández Lores Pontevedra Médico e Alcalde de Pontevedra
Diego Boquete Sánchez Oroso Mestre
Juan José Burgo Tutor Narón Soldador
Xesús Ramón González Boán Vigo Xubilado
Carlos Ansoar Boiro boticario
Pablo Villanueva Pontevedra Albañil
Xoán Manoel Sande Muñiz A Laracha Administrativo
Nerea Porto do Son Mestra
Telma Canoura Regal Celeiro Operaria
Ana Belén Blanco Matalobos Bertamirans Técnica contable
Montse Ramil Gonzalez Viveiro Hixienista dental
Bibiana Santos Docal Celeiro
Daniel Saavedra Toral Corunha Informático
Agostiño Lagoa Fraga Carballo xubilado
Natalia Otero Oubiña Rianxo Enfermeira e actriz de dobraxe
Anxelica Novo Reges Viveiro Mestra
Esther Martínez Piñeiro Ames
José Mera Vázquez Lugo Empregado
Ines Diaz Rifon Lugo Mestra
María José García Prieto Santiago Profesora
Marta Cancela Moreira Santiago de Compostela Psicóloga
Noelia Rodriguez Justo Ourense Teleoperadora
Daniel Rodas Chapela Moaña
Xabier Riádigos Couso Ourense Educador social
Bieito González Domínguez Noia Xubilado
Luz Rei Pousada Vigo Xubilada
Adelina Ces Quintáns Rianxo Empregada
Miguel Somoza Rodrígurz Rianxo Profesor
Bernardo Máiz Vázquez O Seixo, Mugardos historiador

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.