A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Record ID | Concello | Asociación/Colectivo (só no caso que sexa unha sinatura na súa representación) | Date Recorded |
---|---|---|---|
5171 | Santiago de Compostela | 21 de Outubro de 2024 | |
5427 | Barbadás | 21 de Outubro de 2024 | |
5683 | Vigo | 22 de Outubro de 2024 | |
5939 | Lugo | 22 de Outubro de 2024 | |
6195 | Teo | 23 de Outubro de 2024 | |
6451 | Marín | 25 de Outubro de 2024 | |
6707 | A Illa de Arousa | 6 de Novembro de 2024 | |
6963 | A Coruña | 17 de Novembro de 2024 | |
7219 | Santa Comba | 21 de Xaneiro de 2025 | |
7475 | Ferrol | 22 de Febreiro de 2025 | |
5172 | Lugo | 21 de Outubro de 2024 | |
5428 | Vigo | 21 de Outubro de 2024 | |
5684 | Santiago de Compostela | 22 de Outubro de 2024 | |
5940 | Arzúa | 22 de Outubro de 2024 | |
6196 | A Estrada | 23 de Outubro de 2024 | |
6452 | Ourense | 25 de Outubro de 2024 | |
6708 | A Illa de Arousa | 6 de Novembro de 2024 | |
6964 | Vigo | 17 de Novembro de 2024 | |
7220 | Santa Comba | 21 de Xaneiro de 2025 | |
5429 | Mos | 21 de Outubro de 2024 | |
5685 | Vigo | 22 de Outubro de 2024 | |
5941 | Foz | 22 de Outubro de 2024 | |
6197 | Betanzos | 23 de Outubro de 2024 | |
6453 | A Coruña | 25 de Outubro de 2024 | |
6965 | Pontevedra | 17 de Novembro de 2024 | |
7221 | Pontevedra | 21 de Xaneiro de 2025 | |
7477 | Santiago de Compostela | 23 de Febreiro de 2025 | |
5174 | Carballo | 21 de Outubro de 2024 | |
5430 | Ribeira | 21 de Outubro de 2024 | |
5686 | Santiago de Compostela | 22 de Outubro de 2024 |