A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Beatriz Cedrón Vilar | Lugo | Funcionaria |
José Antonio . Mourin González | OURENSE | Profesor xubilado |
Xesús Seixo Fernández | Teo | Xubilado |
Xosé Estévez Rodríguez | Quiroga | profesor xubilado |
Fernando Rodríguez Brea | Vigo | Biologo |
manuel santiago fontan | gipuzkoa | |
Cristina Fernández Fernández | Meira | Administrativa |
Antón Mascato | O Grove | Editor |
xosé | Figueroa lorenzana | Labrego |
CtWhxrZjmAd | hnfWaGyXcwkS | ASKVphvFjlDH |
Ricardo Grandal pazos | Pontevedra | Administración |
sTxcwXeCna | yIMLmFqeuavl | IzDyQApa |
Manuel Torres Regueira | Aguiño - Ribeira | xubilado |
ANA MARIA TEIRA | RIBEIRA | Administrativa |
Martiño Novo | Silleda | Autónomo |
Sandra Fernández Fernández | Meira | Operario |
M. Dolores Domínguez Díaz | Santiago de Compostela | Profesora |
Henrique del Río | Betanzos | Funcionario |
Dania Calvo Rodríguez | Narón | |
Isidro Rajo Parga | O Saviñao | |
lois pardo | Ourense | |
Pepita Macia Prieto | Quiroga | Xubilada |
Rosa Gestoso Pazo | A Coruña | Funcionaria |
Rosario Cipriana Río | Redondela | Xubilada |
Gabriel Calvo | Ferrol | Enxeñeiro |
Francisco Leiro Duarte | Sanxenxo | Enxeñeiro |
Hadrián Bautista Pazo | Ponteareas | Progranador automatista |
José López Casal | Bandeira | Mestre |
Xosé Loureiro Barcala | A Estrada | Pensionista |
Rosa Mari González Carrera | O Barco | Profesora |