A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Record ID | Concello | Asociación/Colectivo | Date Recorded |
---|---|---|---|
6173 | Santiago de Compostela | 23 de Outubro de 2024 | |
6172 | Vila de Cruces | 23 de Outubro de 2024 | |
6171 | Vilagarcía de Arousa | 23 de Outubro de 2024 | |
6170 | Tui | 23 de Outubro de 2024 | |
6169 | Ourense | 23 de Outubro de 2024 | |
6168 | Salvaterra de Miño | 23 de Outubro de 2024 | |
6167 | As Pontes de García Rodríguez | 23 de Outubro de 2024 | |
6166 | Bueu | 23 de Outubro de 2024 | |
6165 | Vigo | 23 de Outubro de 2024 | |
6164 | A Estrada | AC VAGALUMES | 23 de Outubro de 2024 |
6163 | Santiago de Compostela | 23 de Outubro de 2024 | |
6162 | Santiago de Compostela | 23 de Outubro de 2024 | |
6161 | Begonte | 23 de Outubro de 2024 | |
6160 | Marín | 23 de Outubro de 2024 | |
6159 | Pontevedra | 23 de Outubro de 2024 | |
6158 | Bueu | 23 de Outubro de 2024 | |
6157 | Bueu | 23 de Outubro de 2024 | |
6156 | Pontevedra | 23 de Outubro de 2024 | |
6155 | Ribeira | 23 de Outubro de 2024 | |
6154 | Monforte de Lemos | 23 de Outubro de 2024 | |
6153 | Santiago de Compostela | AC O Galo | 23 de Outubro de 2024 |
6152 | Santiago de Compostela | 23 de Outubro de 2024 | |
6151 | Vigo | 23 de Outubro de 2024 | |
6150 | Pontevedra | 23 de Outubro de 2024 | |
6149 | Santiago de Compostela | 23 de Outubro de 2024 | |
6148 | Vigo | 23 de Outubro de 2024 | |
6147 | Vigo | 23 de Outubro de 2024 | |
6146 | Baralla | 23 de Outubro de 2024 | |
6145 | Begonte | 23 de Outubro de 2024 | |
6144 | Santiago de Compostela | 23 de Outubro de 2024 |