A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Natividade Estévez Lorenzo | Lugo | Professora |
Antía Albés Gándara | Vigo | |
Rebeca Bande Enriquez | Vigo | Estudante |
rodolfo xoan lamas conde | Balcaide (Teo) | Desempregado |
María García Fraga | Compostela | |
JACOBO GUERRA RODRÍGUEZ | SALCEDA DE CASELAS | ADMINISTRATIVO |
Antón Xosé Díaz Gómez | Oleiros | Enxeñaría |
Marisol Mirás Mouro | A Coruña | administrativa |
Dolores Andrade Roca | Mabegondo | Auxiliar laboratorio |
Margarita Romero Lorenzo | Santiago | Ensinante escritora |
Fernando Manuel Rial Noia | Mazaricos | Técnico informática |
Ramón Fernández Leal | O Rosal | Mestre Primaria xubilado |
Amparo Alonso Sanchis | Vigo | Ferroviaria |
M.Herminia Bote Rodríguez | Vigo | Mestra xubilada |
Gustavo Benavides Vila | ||
Montserrat Davila | ||
PuNzDxCUYW | yXPshAKUYEoFjku | lgNCEtHszQuqW |
Manuel Losada Abalo | Vigo | Parado |
Pilar Zato Montenegro | Lugo | Asesoría |
Jesús Manuel Pérez Rivas | Moaña | Xubilado |
Melanie Arias Puccio | Oimbra | Administrativa |
Santiago Esteban Radío | Sanxenxo | Profesor |
Ana | A CORUÑA | Xubilada |
Mari Carmen | Boimorto | Mestra de música e baile tradicional |
Xosé Antón Parada Fernandez | A CORUÑA | Traductor |
Ana Enríquez Rubal | Ames | Estudante |
Antonio Díaz Otero | A Coruña | Xubilado |
Celia Enríquez Rubal | Ames | Estudante |
Miguel Enríquez Echevarría | Ames | Mestre |
Vicente Abelleira Cambeiro | Lugar de Outes, 35 | Xubilado |