A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
Xoán Carlos Bouso Carballeira | Mondoñedo | Funcionario público |
Grueiro Bouza | A Coruña | A.casa |
Eduardo Martínez Díaz | Ortigueira | Xubilado |
Mª Asunción Rivera Pereiras | Castrelo de Miño | Profesora de ensino secundario |
Xoán Xegunde López | Compostela | Reporteiro Gráfico |
NVtQmgaHjfb | BAsJugOtdanfRyNc | FPubiKyhOk |
Elena Vilas Viñas | Sanxenxo | Empregada |
MARIÑA Longueira Gómez | Abegondo | Xubilada |
Alberto Taboada Pardo | Vigo | Desempregado |
Belén Durán Calvo | Cangas | Terra,mar e monte |
Sara Porrit Marchena | Santiago de Compostela | Docente |
Manuel Velo Gantes | Santiago | xubilado |
Mario Vila López | Dozón | Axente Público Postal |
Sampayo González Manuel | Ourense | Xubilado |
Consuelo Álvarez Veira | Carballo | Mestra |
Adam Kerekes | Hungria | Geografico |
Arancha Nogueira | Santiago de Compostla | Escritora |
Rosa Margarita Sarmiento da Silva | A Pobra do Caramiñal | Jubilada |
M. José Couto Fiallega | Ferrol | Xubilada |
Flávio Zancheta Faccioni | Brasil | Professor |
Jose Andion | Escuadro -Silleda | Directivo |
Rafael Maquieira Calza | Pontevedra | Ensino |
José Antonio Bello Fraga | Operario CNC | Carballo |
JESUS GARCIA GARCIA | Lugo | Xubilado |
Fernando Agra | Santiago de Compostela | Hostaleiro |
Andrea Calvo Rey | Santiago de Compostela | Médico |
Nicolás Cal | Pontevedra | Sanidade |
Luis Miguel Vazquez Lopez | A Coruña | Electricidade e telecomunicacions |
Guillerme Sendín Simón | Ourense | profesor |
Ramon Rico Taboada | Valdoviño | Funcionario |