A tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
Nome e apelidos | Localidade | Actividade |
---|---|---|
María Garrido Rodríguez | Allariz | Profesora |
Manuel Muñoz Hermida | Meis | Mestre |
MARIA LOURDES RIAL PARDO | Pontevedra | Enfermeira |
Consuelo Borrajo Viana | O Carballiño | Administrativa |
Alexandra Carracedo Hermida | Bertamiráns | mestra |
Xesús Lois Mariño López | Melide | Empreg. Correos |
Antonio Calvo | Rianxo | Funcionario |
Xose Manuel Fernández Montes | Monforte | Autónomo |
Pablo Valiño Bouzas | A Coruña | |
Odilo González Carnero | Santiago de Compostela | Professor de ensino secundario (informática) |
Francisco Teixeiro Conde | Foz | Xubilado |
Jose Rocha pino | ||
Henrique Gonzalez Valiño | A Corña | Xubilado |
Alfonso Castro | A Coruña | Profesor |
Noelia Barbeito Gómez | A silva | Autonoma |
Elena Bouzas Pérez | A Coruña | Xubilada |
Lucía López Sobrado | Arzúa | |
Lires Liñeiro | Fisterra | |
Xosé Lois Leirós gude | Vilagarcía de Arousa | Xubilado |
Sara Fernández Souto | Santiago de Compostela | Xubilada |
Lucía | Burela | Libreira |
Manuel Iglesias Fernández | Mos | Bibliotecario |
sabela carballo rey | vigo | funcionaria |
Francisco Xose Roca Constenla | Vilalba | Aposentado |
Felicia Estévez Salazar | Santiago de Compostela | Profesora Xubilada |
ÁNGEL AMANCIO SOTILLO ARAGUNDE | CARRAL | XUBILADO |
José Fernando Filgueira Iglesias | Pontevedra | Médico Pensionista |
Esteban Bolaño Rodriguez | Xinzo de Limia | Tecnico Agricola |
Manuel Cid Pérez | Allariz | Xubilado |
María Xesús Costoia Garea | Santiago de Compostela | activista cultural- libreira |